Ola lector ,  benvido  |  entra  |  rexístrate agora  |  Axuda?

O MpDC chama aos afectados a que denuncien as agresións para evitar que se minimice o acontecido na protesta dos mariscadores de Ferrol

Written By Virgulino on 19/9/06 | 12:46

O Movemento polos Dereitos Civís (MpDC) chama aos afectados a que denuncien as agresións para evitar que se minimice o acontecido onte na protesta dos mariscadores de Ferrol onde unha carga de axentes da Policía Nacional provocou ata cinco feridos leves.

Os feitos ocorreron onte pola mañá cando os mariscadores de Ferrol levaron as súas protestas ata o concello de Narón, onde cortaron o tráfico na estrada de Castilla, o que provocou unha carga policial co resultado de cinco persoas feridas.

Os axentes rodearon aos manifestantes que estaban sentados na rúa impedindo a circulación mentres os seus representantes se reunían co alcalde de Narón, Xoán Gato, que se comprometeu a mediar coa Xunta para resolver o problema.

Os membros da Policía comezaron a arrastrar aos mariscadores á forza ata a beirarrúa. Logo, os axentes cargaron contra as persoas que alí se atopaban con defensas e pelotas de goma.

O presidente da cofraría de Ferrol, Bernardo Batisda, ao enterarse do acontecido despois de runirse co alcalde acusou ao Delegado do Goberno de equivocarse ao ordenar a carga policial e avisou de que as próximas medidas van a ser máis duras.

Por todos estos motivos, o MpDC quere chamar aos agredidos a que denuncien o acontecido para que non se minimicen as consecuencias e evitar así unha vulneración dos dereitos tal como a acontecida onte.

Ademáis, dende a asociación tamén solicitamos explicacións por parte do Delegado do Goberno sobre a orde desta carga policial desmesurada contra unha manifestación pacífica, actividade recollida nos dereitos de tódolos cidadáns do Estado.

0 comentarios:

Publicar un comentario