O concello de A Coruña incumpriu a normativa sobre colocación de vídeocámaras e instalou varios destes dispositivos en distintos puntos da cidade como a Estación de Autobuses.
O pasado 7 de decembro a entidade local herculina publicaba na súa páxina web a intención de sacar un concurso público para a instalación dun sistema de seguridade na estación de autobuses e no edificio de Urbanismo. Na referida información sinalábase que a colocación dun total de 22 vídeocámaras e un avanzado sistema informático.
Estos aparellos, segundo o concello, permitirían controlar os accesos dende o exterior á planta baixa, os despachos de billetes, a consigna de equipases, o acceso ás plataformas, á gasolineira e ao patio de operacións. Ademáis, as cámaras estarían dotadas de sensores de movemento e de visión nocturna, e o sistema estaría conectado as 24 horas, contando ademáis con varios gravadores informáticos.
O pasado mes de agosto, o MpDC recibiu diferentes denuncias cidadás sobre este aspecto, en concreto, as queixas ían referidas a que se estaba procedendo á instalación na Estación de Autobuses das antigas cámaras emprazadas anteriormente na Praza de María Pita e na Praza do Humor, mentres que os novos dispositivos estaríanse colocando nas mencionadas prazas públicas.
Ademáis, os denunciantes aseguraban que o control da vídeovixilancia da Estación de Autobuses o ían levar persoal do concello e non estaría baixo a supervisión da policía, tal como se fixo público no seu momento. De seren estar afirmacións certas estaríase vulnerando a Lei Orgánica 4/1997 que regula esta materia.
O MpDC considera que non existe a necesidade de instalar cámaras de vídeovixilancia en ningún dos lugares públicos citados da cidade de A Coruña. Estes emprazamentos, así como a cidade en xeral, son tranquilos e seguros polo que non é de recibo vulnerar o dereito á intimidade e á propia imaxe dos cidadáns para previr a reaización dunha pintada esporádica ou un pequeno furto.
Segundo a LO 4/1997, o concello de A Coruña está a vulnerar a normativa porque a vixilancia ten ser realizada polas Forzas de Seguridade do Estado e non por funcionarios do concello. Ademáis, para a instalación destes dispositivos é necesaria a autorización do Delegado do Goberno, previo informe da Comisión de vídeo vixilancia.
Tampouco está baixo legalidade o cambio das cámaras dun lugar a outro, a pesar de que os dous emplazamentos dispuxeran de autorización para albergar este tipo de dispostivos de vídeo vixilancia.
Por último, o artigo 6 da LO 4/1997 establece que o emprego de vídeocámaras estará presidida polo principio de proporcionalidade, na súa dobre versión de idoneidade e de intervención mínima, principios que quedan un tanto en entredito nesta actuación do concello de A Coruña.
Por todos estes motivos, o MpDC solicitou ao concello de A Coruña, ao Defensor del Pueblo e á Delegación do Goberno en Galiza que investiguen esta actuación e procedan á retirada das cámaras no caso de seren certas estas denuncias cidadás. Ademáis, esta asociación tamén solicita á Delegación do Goberno que impoña as sancións pertinentes por esta actuación neglixente da entidade herculina.
O concello de A Coruña incumpre a normativa e coloca varias cámaras de videovixilancia en diversos puntos da cidade
| envía este post
|
|
| Etiquetas: A Coruña , Defensor del Pueblo , Delegación do Goberno , Dereito á Imaxe , Videovixiancia | |
-
A información publicada hoxe sobre as cámaras de Compostela non corresponde có acontecido - Despois da ronda de chamadas feita polo MpDC e a información remitida por mail aos distintos medios no día de onte, só o periódico compostelano El Correo Gal...5 horas atrás
-
O MpDC solicita a devolución da fianza para a retirada das cámaras de videovixilancia - Considera que non se fará efectiva a execución provisional da sentencia O Movemento polos Dereitos Civís ven de solicitar a devolución da fianza de 3000€, p...2 dias atrás
-
A Mesa lamenta a campaña de demonización da asociación seguindo o principio de “difama, que algo queda” - Perante as informacións publicadas hoxe por La Voz de Galicia e a TVG, A Mesa pola Normalización Lingüística quere sinalar:Todos os convenios asinados pola M...4 dias atrás








0 comentarios
Postar um comentário