Ola lector ,  benvido  |  entra  |  rexístrate agora  |  Axuda?

A Policía Nacional de Santiago aparta a unha funcionaria que acumula varias queixas.

Written By Virgulino on 3/8/06 | 18:52

A última estaba relacionada cun trato vexatorio e homófabo.

O MpDC ven de remitir por segunda vez un escrito á Inspección de Persoal e Servizos de Seguridade do Ministerio de Interior pola actitude vexatoria e homófaba dada por unha funcionaria da Comisaría de Santiago de Compostela a un cidadán que presentou unha denuncia por roubo. O primeiro escrito remitiuse para que a Inspección de Persoal averiguara o acontecido na Comisaría, onde se privou ao denunciante do seu DNI e non se lle permitiu presentar denuncia. En base a esa queixa a Inspección reclamou á Comisaría de Santiago que explicara o acontecido, esa veio a xustificar a actuación da mencionada funcionaria pero comunicou que se lle apartaría da atención aos cidadáns polas continuas queixas recibidas.

Por ese motivo o MpDC voltou a dirixirse á Inspección, reclamando que afondara nas súas pescudas por mor do repetitivo das denuncias presentadas contra a mencionada funcionaria. Ademáis o MpDC reclamou que se lle apartara a un posto que non tivera atención ao público, xa que as labores de vixiancia non parecen ser as mais axeitadas dado o seu carácter exalatado.

0 comentarios:

Publicar un comentario