Ola lector ,  benvido  |  entra  |  rexístrate agora  |  Axuda?

O Movemento polos Dereitos Civís condena enerxicamente a redada realizada pola Policía Nacional conta os inmigrantes de Coruña

Written By Virgulino on 31/8/06 | 11:15

Considera que foi mais unha redada mediática, coa que amosar que está a traballar, que un medio efectivo de loitar contra a piratería. Ademais considera discriminatorio o feito de que siguiran detidos hoxe pola mañá.

O MpDC condena enérxicamente a actuación da Policía Nacional na redada realizada no día de onte na Rúa Real de A Coruña pois non evita a piratería e supuxo a detención dalgunhas persoas que nin sequera estaban a vender material pirateado; ademáis, supuxo escenas de especial violencia como a que se poido ver nalgún xornal de hoxe. Como agravante, cabe destacar toda a parafernalía medíatica con varios policías de paisano, motos, coches e furgonetas.

Desde o Movemento polos Dereitos Civís consideramos que si o que se buscaba era a efectiva detención das persoas que estaban a cometer algún delicto existía outros métodos máis efectivos como que os policías de paisano procederan a detención daquelas persoas que estaban a vender material ilegal.

Por outro lado o MpDC considera discriminatorio o feito de que seguiran detidas varias personas no día de hoxe cando recentemente en Santiago de Compostela varios individuos que foron detidos por unha agresión homófoba foron postos en liberdade en menos dunha hora. Calquera persoa considerará como un delicto máis grave a agresión física a outras persoas que a venda de material ilegal. Por ese motivo consideramos que a Policía Nacional debería xustificar o motivo da demora na liberación dos detidos de onte ou a presa na liberación dos agresores homófobos de Compostela.

7 comentarios:

Publicar un comentario