Ola lector ,  benvido  |  entra  |  rexístrate agora  |  Axuda?

Convocatorias contra o lume na Galiza

Written By Virgulino on 9/8/06 | 9:48

teléfono voluntariado: 900400800

Manifestación de Nunca Máis: "Lume Nunca Máis. Paremos o terrorismo incendiario. Por un cambio de rumbo nas políticas para os nosos montes". Con ese lema, a comisión xestora da Plataforma Nunca Máis anuncia a reactivación da plataforma cidadá e a convocatoria dunha manifestación en Santiago de Compostela para o domingo 20 de agosto ás 12h.

  • 12/08/06: 12:00 horas, Santiago de Compostea: na Alameda
  • 10/08/06 19:30 horas, Pontevedra: na Praza da Peregrina
  • 10/08/06 20:30 horas, Ponferrada: na Praza do Concello
  • 10/08/06 20:30 horas, Ourense: Praza Maior
  • 10/08/06 11:00 horas, Santiago de Compostela
  • 09/08/06 20:30 horas, Santiago de Compostela: Concentración na Praza de Cervantes
  • 09/08/06 20:30 horas, A Coruña: Obelisco
  • 09/08/06 20:30 horas, Vigo: Concentración na Rúa do Principe (diante do Marco)
  • 09/08/06 19:00 horas, Santiago de Compostela: Quintana

10 comentarios:

lua dijo...

"¡unha mensaxe para tod@s aqueles/as que provocan os incendios en calquer parte do mundo, xa non só falo de galiza, para que dunha vez esperten desa enfermidade que @s fae cegar ante a realidade dunha nai natureza.E que dicir d@s que o fan interesadamente ou por intencións de pracer incomprensibles, para estes/as, dende logo, simplemente lles ofrecería catro paredes escuras, alonxadas de calquer vista paisaxística, entón serían eles/as quenes chorarían e rogarían por achegarse denovo á vida!.

EDUARDO SEBIO MOLGUERO dijo...

fan falla cuadrillas de voluntarios lembro a meu pai co tractor e ca cisterna cargada de auga adentrarse no monte ardendo fai moitos anos , hai que axudar a apagar este lume e se vemos a alguen plantando lume .... denuncialo e torturalo se é posibel

Anonymous dijo...

No sé cuantas lágrimas se llevó consigo el Prestige, tiñó de negro nuestras costas y nuestras almas.



Han pasado los años y la historia se repite, el gigante negro asola Galicia, pero esta vez no es el petróleo, no viene con las olas pero tizna nuestros corazones.



Galicia está en llamas y el humo no nos deja verlas hasta que llaman a la puerta de nuestras casas.



A ratos me cuesta respirar, me pican los ojos y no puedo distinguir si es por culpa del humo y de la ceniza que cubre nuestras calles y flota en la mar o de esta angustia, de esta impotencia, de esta rabia mal contenida que refleja, una vez más el sentir de mi pueblo.



Vidas y familias destrozadas, nuestras raices, nuestra tierra, pasto de las llamas. Soy una “afortunada” dentro de esta catástrofe y aún así mi corazón se desgarra.

Margarida Santos dijo...

Com interesse este enlace...


http://www.fillos.org/galicia/index.php?name=PNphpBB2&file=viewtopic&p=5485#5485

jose pillado dijo...

Están Matando a Galicia?

Adeus ríos, adeus fontes, adeus regatos pequenos, adeus vista dous meus ollos, non sei cándo verémonos. Miña terra, miña terra, terra onde me eu criei, hortiñas que quero tanto, figueiriñas que plantei?

Non podo deixar de chorar desde fai días, todo o que amo e quero, todo o que amaba e quería Rosalía, todo o que amamos e queremos a xente de boa vontade: a nosa terra, os nosos bosques, os nosos paxaros "Galicia", está sendo asasinada por un grupo de terroristas e criminais. Xamais vai volver a ser a mesma.

Hai que deter a este grupo da barbarie, temos que parar a estes asasinos e delincuentes, que están organizados para aniquilar todo o que amamos e queremos.

Esta tolemia está coordinada co obxectivo de acabar coa nosa alma e co noso espírito: queren destruír, queren queimar, queren arrasar, non só os montes: mataron a persoas que trataban de fuxir do lume, puideron morrer centos de veciños, mataron aos animais que habitaban nos bosques (aos paxaros, aos cabalos, ás ardillas?), destruíron casas, queren arruinar as nosas fontes de ingreso (viñas, prados, turismo...).

Temos que unirnos nun único corpo, nunha única voz que brame e grite pedindo:

"Xustiza": queremos que acurraledes e capturedes a este grupo de terroristas e asasinos.
"Xustiza": queremos que acurraledes e capturedes aos promotores que están pagando aos criminais.
"Xustiza": queremos que investiguedes as escuras razóns e motivaciones polas que están matando a Galicia, estes indeseables sen alma nin corazón.
"Xustiza": queremos que se lles aplique a lei antiterrorista e que se lles considere o grupo de criminais organizados que son.
"Xustiza": queremos que se fagan públicos os seus nomes, as súas fotos.
"Xustiza": queremos poderlles demostrar o noso desprezo, indignación e que a nosa fortaleza moral os "barra para sempre" das rúas e os montes.

Necesitamos unha unión absoluta sen fisuras, e que se envorquen todas as forzas do estado, do país, para neutralizar a estes terroristas: Policía, Garda Civil, Goberno, Oposición, Concellos, Comunidade Europea, Protección Civil, Medio Ambiente, Asociacións de Veciños, Asociacións de defensa da Natureza"

Temos que estar todos unidos para loitar sen cuartel contra esta calaña, contra estas alimañas: "Hai que facelos desaparecer para sempre".

Anonymous dijo...

Car@s companheir@s:

No meu concelho (o concelho de Barbadás, cidade dormitório de Ourense) governa desde há 20 anos o PP com maioria absoluta.

A realidade local no tema dos incêndios é que o grupo de governo não tem estabelecido nenhum dispositivo preventivo de voluntariado para luitar contra o lume.

Por suposto, que se saiba, non exitem aqui "cuadrillas voluntarias" de qualquer signo para colaborar em caso de incêndio. Quando se lhe pergunta por isto às autoridades municipais, remetem a "Protección Civil" e estes derivam á Conselharia de Meio Rural.

Por sorte, ainda não tem ardido em Barbadás. O grave será atalhar o incêndio se alguém lhe pega lume á floresta, pois o mato chega até as casas e os montes estão sem limpar. E previsão há pouca, polos vistos. Pode ser um autêntico inferno!.

Saúde e Pátria

Rube

OBSERVADOR dijo...

Que é isso de convocar uma manifestação para o dia 20 antes de ter feito a do sábado 12???

BOA MANEIRA DE DIVIDIR À GENTE !!

Tamos parvos ou foi feito de propósito?

xabier vilar ramirez dijo...

A MIÑA SOLIDARIDADE CO POBO PALESTINO. QUE CESE XA ESA MASACRE DO TODOPODEROSO E AMERICANO POBO DE ISRAEL CONTRA O POBO PALESTINO.

ADELA FIGUEROA dijo...

GRAZAS POLO VOSO TRABALLO

XUAN CARLOS dijo...

DEIXEMOS DE SER HIPOCRITAS ,SABEMOS KEN KEIMA OS MONTES ,A POR ELES SEN COMPAIXON

Publicar un comentario