Ola lector ,  benvido  |  entra  |  rexístrate agora  |  Axuda?

O Fiscal Xefe de Galicia declara, na súa reunión co MpDC, que só actuará se existe unha denuncia previa

Written By Virgulino on 12/6/06 | 16:09

O Movemento polos Dereitos Civís, mantiña esta mañá unha entrevista co Fiscal Xefe de Galicia coa intención de apresentarlle o “Informe 2005”, recentemente publicado, e realizar unha serie de recomendacións de cara a mellora do seu servizo á sociedade.

Debido á recente publicación do “Informe 2005”, no cal recopilamos o traballo levado adiante polo Movemento durante o pasado ano, solicitamos reunións con diferentes autoridades gubernativas, da administración xeral e da administración de xustiza. documento que nos gustaría presentarlle. Entre estas autoridades atópase o Fisal Xefe de Galiza, celebrándose a entrevista esta mañá ás dez horas na Fiscalía do Tribunal Superior de Xustiza, e onde lle explicamos máis detidamente que é o MpDC, os contidos do devandito informe, así como tamén, as medidas que propoñemos en temas concretos relacionados coas funcións que o Fiscal Xefe desempeña.

Concretamente falamoslle da nosa apreciación de que a Fiscalía emprega diferentes criterios á hora de decidir se actúa ou non ante determinadas situacións, e poñíamoslle o exemplo de como actuaron ante o asalto ao Concello de Pontevedra durante as protestas en Ence, e da pasividade amosada durante o asalto realizado polos alcaldes do PP ao Parlamento, situacións xurídicamente semellantes e que merecerían actuacións semellantes. Sen embargo, a Fiscalía parece seguir guiandose por criterios políticos á hora de perseguir determinados delictos.

Así pois, declarou que non podía actuar, por exemplo no caso do Parlamento, se non existía unha denuncia ou querela previa, por parte da Institución afectada. Declaración que non deixa de ser sorprendente, dado que o Ministerio Fiscal ten a obriga de actuar de oficio cando ten coñecemento de feitos que podan ser constitutivos de delicto de carácter público, sen necesidade de que exista unha previa denuncia.

Fixémoslle tamén outras pequenas recomendacións, a primeira delas, sobre as súas constantes negativas a facilitar información e documentación aos cidadáns sobre os casos que tramita ou arquiva, sempre respetando o segredo de sumario claro está, ao cal contestou que o “Fiscal non ten porque ser interlocutar da sociedade”. Non comprendemos como a persoa á que se lle encomenda promover a acción da xustiza en defensa da legalidade, dos dereitos dos cidadáns e do interés público, pode considerar máis acaido non manter relacións coa sociedade que defende. A outra tiña que ver coa cuestión da linguaxe empregada nas súas contestacións, onde usa unha terminoloxía xurídica extrmedamente complexa, e que cremos pode resultar de difícil compresión para os cidadáns e cidadás.

En resumidas contas, esperábamos que a Fiscalía afrontara, ao igual que nos, esta reunión cun espíritu constructivo, e sen embargo limitouse a manterse nunha actitude defensiva que parece non modificar en absoluto o talante do seu predecesor o Sr. Malvar.

0 comentarios:

Publicar un comentario