Ola lector ,  benvido  |  entra  |  rexístrate agora  |  Axuda?

O Defensor del Pueblo advirte ao concello de Santiago que remitirá informé á Fiscalía si continúa sen colaborar

Written By Virgulino on 22/6/06 | 17:37

O Movemento polos Dereitos Civís requirira algunha actuación por parte do Concello de Santiago de Compostela a raíz das constantes denuncias por mor da actuación da policía local, perante a falta de resultados o MpDC presentou queixa ao Defensor del Pueblo quen, ante a reiterada ausencia de contestación, deulle un ultimatun ao Concello de Compostela.

Despois de meses de solicitudes de remisión e ante as continuas ausencias de resposta, o “Defensor del Pueblo” advirte ao Concello que en virtude da pasividade ante os requerimentos realizados polo Defensor, reflexo da falta de colaboración da Administración para cumprir co deber legal que lle impón o artigo 18.l da Lei Orgánica 3/1981, de 6 de abril, do Defensor del Pueblo, procederá a incluir ao Concello de Santiago de Compostela no informe de xestión que se elva anualmente ás Cortes Xerais, podendo, tamén, dar lugar á iniciación das accións que sobre as responsabilidades das autoridades e funcionarios contemplan os preceitos contidos na citada Lei Orgánica, mediante o traslado dos feitos ao Ministerio Fiscal.

Desde o Movemento polos Dereitos Civís congratulámonos de que, despois de tan longo tempo intentando que o Concello de Santiago de Compostela cumpra coas súas obrigas legais e garanta os dereitos civís, o Defensor del Pueblo actue con contundencia, facendo que asuman as responsabilidades e consecuencias que da súa actitude se derivan.

0 comentarios:

Publicar un comentario