Ola lector ,  benvido  |  entra  |  rexístrate agora  |  Axuda?

A Inspección Fiscal non realizou ningunha investigación sobre as declaración de Fungairiño na Comisión do 11M

Written By Virgulino on 28/6/06 | 11:29

Case dous anos despois de formulada a denuncia o MpDC conseguiu que a Inspección Fiscal admitira que non realizou ningunha xestión que fundametara a súa afirmación de que Fungairiño buscaba ironizar cando afirmou que non tiña coñecemento da existencia da furgoneta encontrada.

O Defensor del Pueblo ven de confirmar que a Inspección Fiscal non realizou ningunha xestión para aclarar as declaracións de Fungairiño na Comisión do 11M. Naquelas datas, cando o Fiscal Xefe afirmou non ter coñecemento da existencia da furgoneta encontrada, A Inspección Fiscal afirmou que "es obvio que el Sr. Fungairiño al hacer tal manifestación no estaba diciendo la verdad sobre la fecha de conocimiento de la existencia de la furgoneta, sin embargo, aunque tal hecho pudiera ser intrínsecamente merecedor de reproche, este no podría hacerse derivar de la ocultación a la Comisión de una información que aquella tenía el derecho de conocer y el compareciente la obligación de dar" a raíz da "manifestación efectuada por el Sr. Fungairiño de haber estado puntualmente informado por la Fiscal adscrita al caso" motivo polo que a "respuesta solicitada ya se encontraba implicita en sus anteriores manifestaciones".

O sorpreendente é que Inspección Fiscal chega a esa conclusión sin ter realizado ningunha averiguación en relación coa denunica presentada polo MpDC. Segundo o Defensor del Pueblo o expediente desa denuncia consta do escrito de denuncia do 17 de Xullo (formulada polo MpDC), o Decreto de incoación de Dilixencias de Inspección de data 30 de Xullo, o Decreto de aquivo da mesma data e dous escritos posteriores do MpDC onde solicitamos copia do expediente.

¿Como chegou a Inspección Fiscal a esa conclusión? Resulta abraiante que o própio organismo encargado de analisar a actuación dos Fiscal exerza de defensor da súa labor; aínda máis nun caso tan controvertido e evidente como resultou ser as declaración de Fungairiño perante a Comisión de Investigación do Congreso.

O MpDC formulará agora o seu informe para remitir á Inspección Fiscal facendo fincapé na súa falta de imparcialidade á hora de investigar a denuncia presentada contra o Sr. Fungairiño (extremo que resulta moi pouco garantista do principio de igualdade) e a demora de máis de 10 meses en informar das xestións realizadas para chegar á súa conclusión.

0 comentarios:

Publicar un comentario