Tamén nesta ocasicón, presentamos o informe en base ao articulado do Titulo I da Constitución e como poderemos apreciar da lectura, existen dereitos indiscutibles e outros que os seus principais valedores consideran sacrificables (lembremos cando o Presidente do Tribunal Supremo afirmou estar xutificado o asasinato de sospeitosos de terrorismo). Facemos un repaso por distintas actuacións dos Corpos e Forzas de Seguridade do Estado, a situación da liberdade de expresión, a actuación da Xutiza, as cámaras de videovixiancia, a Operación Castiñeira, o dereito á vivenda, o dereito á saúde, os dereitos lingüísticos, a situación dos inmigrantes, os dereitos laborais, educativos, ...
O informe pretende servir como material para o debate sobre a saúde dos nosos dereitos e liberdades en Galiza e para iso buscaremos seguir incluíndo colectivos na súa redacción e có apoio destes, e dos colabores e colaboradoras do MpDC, abrir investigacións sobre as distintas actuación que non reciben respostas por partes dos valedores institucionais dos dereitos e liberdades. Para a elaboración do mencionado informe, que ten un prólogo do escritor Xosé María Álvarez Cáccamo e conclusión de Rafa Villar, contamos coa colaboración de:
- Begoña Ares: Avogada
- Aitor Sebio: Avogado
- Ramón Barreiro: Licenciado en Dereito
- Carlos Callón: Presidente da Mesa pola Normalización Lingüística
- Xan Carlos Ansía: Sindicalista
- Xosé María Rodriguez: Avogado
- Nemesío Barxa: Avogado
- Miguel Fernández Blanco: Voceiro do Foro de Inmigración
- Héctor López de Castro: Avogado
- Fran del Buey: Asocación PreSOS Galiza
- Paula Castro: Xornalista
- José Angel Brandariz: Profesor de Dereito Penal (UDC)
- Miguel Ángel Fernández Rodríguez: Avogado e Secretario Xeral da Asociación Xustiza e Sociedade
- Santiago Agra: CAE
- Antolín Alcántara: Sindicalista
- Manuel Martín García: Secretario da Federación de Asociacións para a Defensa da Sanidade Pública
- Fins Eirexas: ADEGA
- Andres Fariña: Avogado
- Serxio Aller: Xornalista
0 comentarios:
Publicar un comentario