Ola lector ,  benvido  |  entra  |  rexístrate agora  |  Axuda?

Comunicación

Written By Virgulino on 4/4/05 | 12:33

O Coordinador do Movemento polos Dereitos Civís reunirase mañá có Fiscal Xefe de Galiza para ratificar a denuncia presentada contra o acordo do pleno do Concello d’A Coruña onde se decidiu a modificación do nome desta cidade.

Lugar: Fiscalía do Tribunal Superior de Xustiza de Galiza
Hora: 10:00 horas.
Seguir lendo

A Fiscalía Xeral do Estado atrasa as aclaracións sobre como debe actuar en caso de denuncias públicas de corrupción

Written By Virgulino on 1/4/05 | 13:10

Alegou telefonicamente que non formulou ningunha contestación á petición formulada polo MpDC porque esta foi feita por Fax, e negouse a aclarar en base a que norma non aceptan as peticións realizadas por este medio.

O pasado día 2 de Marzo o MpDC solicitou á Fiscalía Xeral do Estado que fixera unha serie de aclaracións sobre o procedimento que o Ministerio Fiscal debe seguir en caso de denuncias públicas de corrupción realizadas por cargos políticos. Esta foi feita por fax en base ao previsto no artigo 4.1 da LO 4/2001 que di "as peticións formularanse por escrito, podendo utilizarse calqueira medio, incluso de carácter electónico".

É evidente que a petición debeu ser contestada pola Fiscalía Xeral do Estado, como xa se fixo noutras ocasións. Proba desto é que o Fiscal Xefe de Galiza aceptou recentemente unha denuncia formulada por fax polo MpDC en relación có pleno do Concello de A Coruña, que acordou a modificación do nome da cidade, e que será ratificada polo coordinador do MpDC o próximo martes ás 10:00 horas.

Parece ser que o obxectivo de non responder á petición formulada polo MpDC débese ao feito de que a cuestión consultada está á orde do día e deixan ao Ministerio Fiscal nunha postura contradictoria xurdida a raíz da abertura de Dilixencias en Catalunya por mor da denuncia de cobros de comisión por obras públicas mentre en Galiza o Fiscal Xefe non abre dilixencias polas denuncias de corrupción formuladas polo Conselleiro de Agricultura.

O MpDC optou por presentar novamente a petición por correo ordinario e pedir ao Defensor del Pueblo que reclame á fiscalia a contestación das cuestión plantexadas e que son as seguintes:

* Ten o ministerio Fiscal a obriga legal de abrir dilixencias cando a raíz das declaracións dun responsábel político se deduce a existencia dun delicto ou só o fai a instancia de parte?

* Se das declaracións se derivase a presunta existencia dun delicto aínda que non así a identidade do autor ou autores, debería rexeitarse unha investigación ou polo contrario, debería investigarse para coñecer esa identidade, cousa que sería tan sinxela como tomar declaración á persoa que realiza as declaracións para que aclare a quen está imputando eses feitos?

* Existen criterios unificados nesta materia a nivel estatal, ou até que punto ten discrecionalidade un fiscal xefe dun Tribunal Superior de Xustiza, para abrir ou non unha investigación a raíz deste tipo de declaracións?

* No caso de que o Fiscal Xefe dun Tribunal Superior de Xustiza arquive as dilixencias en relación a un caso dos prantexados, ten a Fiscalía Especial para a Represión de Delictos Económicos relacionados coa Corrupción, a potestade de reabrir a investigación sobre o mesmo caso, en caso afirmativo, farao de oficio ou a instancia de parte?
Seguir lendo

Mapa de cámaras na Galiza


Ver Cámaras de Galiza en un mapa más grande

Hemeroteca

Estadística

Buscar neste blog