Ola lector ,  benvido  |  entra  |  rexístrate agora  |  Axuda?

Directiva Bolkestein

Written By Virgulino on 7/3/05 | 11:26

NON a unha Europa do retroceso social
NON a unha Europa de regresión educativa

Por iniciativa do anterior comisario europeo, Frits Bolkestein (liberal holandés), estase estudando, na actualidade, un proxecto de directiva (lei europea) sobre a libre circulación dos servizos nos países da
Unión Europea.

Esta directiva europea, de chegar a ser adoptada, tería como consecuencia que todos os servizos subministrados na Unión Europea serían considerados como calquera produto económico. Desta forma, sectores esenciais como a cultura, a educación, a atención sanitaria e todos os servizos dependentes dos sistemas nacionais de protección social poderían estar suxeitos ás mesmas formas de competencia económica que as mercancías.

Esta evolución suporía inevitablemente a deterioración dos sistemas públicos de pensións, das axudas sociais ou do sistema sanitario, en favor dos sistemas privados. Igualmente significaría a desregulación dos nosos sistemas educativos e, ao final, de toda forma de excepción cultural. Ademais, a aplicación desta directiva poría en cuestión os dereitos dos traballadores consagrados polas leis nacionais dos países da Unión.

Desde o pasado marzo, algúns partidos políticos e instancias nacionais europeas (asociacións, sindicatos, etc.) fixeron soar a alarma e invocaron á mobilización das forzas progresistas para loitar contra este proxecto de directiva que entraña unha regresión social.

Malia estes esforzos, unha gran maioría de estados membro móstrase hoxe en día favorable á adopción inmediata deste proxecto de directiva. Trátase dunha decisión que non precisa unanimidade polo que ningún goberno, e menos aínda un partido político, pode impedir por si só a adopción desta directiva.

Desta maneira, só unha forte mobilización da sociedade civil dentro da Unión podería impedir este desenvolvemento.

É urxente reaccionar.

Nós invitámosvos desde este instante a dicir claramente NON a unha Europa da regresión social asinando a petición electrónica proposta pola plataforma STOP Bolkestein.
Seguir lendo

A Universidade da Coruña convocou o CAP antes que a USC e a Universidade de Vigo

O 28 de Febreiro a UDC rematou as prácticas do Curso de Aptitude Pedagóxica mentres as Universidades de Santiago e de Vigo recibían por sorpresa a noticia de que os seus alumnos non poderían acceder ás oposicións de secundaria polo adianto da convocatoria.

Desde que o Movemento polos Dereitos Civís presentou, o pasado 22 de febreiro, a denuncia de que os alumnos do CAP non se poderían presentar ás oposicións de secundaria polo adianto da convocatoria realizada pola Consellería de Educación, varias organizacións (BNG, PSOE, CAF, CIG, etc ...) realizon iniciativas no sentido de que estes titulados non se viran afectado "por mor dun trámite burocrático e da falla de coordenación entre as distintas administracións educativas, neste caso Xunta e Universidade". Nembargantes, non vimos que houbera ningunha modificación na postura da Consellería de Educación e sabemso que as iniciativas parlamentarias non serán debatidas en pleno ata despois do final do prazo da convocatoria (hoxe).

Debemos concluír, polo tanto, que os titulados que tiñan planificado a súa vida en función das oposición de secundaria terán que esperar un ano máis, no millor dos casos, para seren incluídos nas listas de interinos ou ocupar unha praza de funcionario, pero có agravante de que si se houberan matriculado na Universidade da Coruña terían rematado con tempo suficiente, o CAP, como para poderense presentar as oposicións. Esta novedade, do que o MpDC tivo coñecemento recentemente, supón un agravio comparativo entre os estudantes do CAP das tres universidades en canto, dependendo do lugar de matricula podénse presentar ás oposicións ou non. Aínda que intentamos averiguar cal foi o motivo do adianto no CAP da UDC, non fumos capaces de coñecelo pero, desde logo, é bastante curioso.
Seguir lendo

O MpDC presentou ante o concello do Grove, o Valedor do Pobo e a delegación do Goberno queixas pola ordenanza que pretende prohibir a mendicidade

Written By Virgulino on 1/3/05 | 20:24

O Movemento polos Dereitos Civís considera que esta non pode ser a solución da exclusión social que sufren ás persoas migrantes que chegan ao noso país.

O Movemento polos Dereitos Civís presentou ante o Valedor do Pobo, a delegación do goberno en Galiza e o propio concello do Grove sendas queixas pola preocupación ante a nova ordenanza para prohibir a mendicidade e expulsar aos mendigos desta localidade. Ao noso entender este non é o mellor modo para acabar con esta problemática, xa que todo o máis que se conseguiría sería desprazar a estas persoas que sufren problemas de exclusión social a outros concellos, co que non se acaba co problema senon que se agrava.
Desde o Movemento polos Dereitos Civís consideramos que desde as institucións públicas teñen que existir unhas políticas de asistencia e atención ás persoas con problemas de exclusión social, e un plano de acollida de apoio específico para aquelas persoas migrantes que chegan ao noso país sen recursos, no que se incluan programas de integración laboral, vivendas sociais, etc.

Esta ordenanza discrimina e invisibiliza a persoas que se encontran na rúa, e que nalgúns casos detectados son forzados a pedir esmola por organizacións mafiosas. Ningunha destas problemáticas desde logo vai ser recollida nunha normativa municipal que o único que pretende é pechar os ollos diante dun problema e expulsar ás persoas máis febles, sen atender ao máis mínimo principio de solidariedade e atención a estas persoas que son tan cidadáns do Grove como calquera outro.

Por eso desde o Movemento polos Dereitos Civís, reclamamos que se poña en coñecemento esta normativa, que se estude se non está a vulnerar os dereitos fundamentais, e que os organismos como a delegación do Goberno e o Valedor do Pobo defendan que se cumpran as leis e non se vulneren unha vez máis no noso país os nosos dereitos civís.
Seguir lendo

Mapa de cámaras na Galiza


Ver Cámaras de Galiza en un mapa más grande

Hemeroteca

Estadística

Buscar neste blog