Ola lector ,  benvido  |  entra  |  rexístrate agora  |  Axuda?

Solicitude para que o "Defensor del Pueblo" resolva, despois de 27 meses, o expediente sobre as cámaras de videovixilancia instaladas en Santiago

Written By Virgulino on 3/1/05 | 19:11

A Lei Orgánica 4/97, desenvolvida no Real Decreto 569/99, regula os sistemas de vídeo-vixilancia, para salvagardar o dereito constitucional á honra, á intimidade e á propia imaxe. Estas normas establecen que as persoas que foron gravadas nun lugar público teñen dereito a acceder e cancelar esas imaxes. En base a este dereito, máis de 20 persoas solicitaron o 6 de maio do 2002 o acceso ás súas imaxes. Ao non obteren resposta no prazo de 10 días consideraron estimada a súa solicitude tal como se estipula no Real Decreto 569/99 e dous dos reclamantes dirixíronse á Concellaría de Seguridade Cidadá para se informar sobre o procedemento a seguir sen obteren resposta ningunha. Diante desta situación optaron por exercer o dereito de petición perante a Delegación do Goberno (autoridade responsábel pola autorización de instalación destas cámaras) e ao propio Concello de Santiago e tamén neste caso non obtiveron resposta. O seguinte paso foi o Valedor do Pobo, que se declarou incompetente.



Chegados a este punto, o MPDC presentou denuncia perante a Comisión de Garantías de Vídeo-vixilancia, que se limitou a cuestionar a lexitimidade da entidade denunciante. Reiterouse a denuncia, agora por un particular con capacidade xurídica activa incuestionábel e a comisión contestou declarándose incompetente.



Presentouse solicitude de retirada das cámaras no Concello de Santiago, que tampouco respondeu. Como a lei obriga a responder os escritos que se dirixen aos organismos públicos, os reclamantes presentaron dúas queixas ao Valedor do Pobo, que, despois de as ter rexeitado e os reclamantes presentaren alegacións, acabou por aceptar.



Finalmente, a reclamación recusada polo Valedor do Pobo (que, lembremos, se declarara incompetente) foi aceptada a trámite polo Defensor del Pueblo e as cámaras tiveron que ser desconectadas por incumpriren a normativa vixente. aínda que logo foron conectadas novamente.



O MPDC dirixiuse novamente ao Concello de Santiago solicitando información sobre a orde en que se comunica ao Xefe da Polícia Local que debe suspender as filmación. Tampouco agora non houbo resposta dos responsábeis do Concello que, así e todo, si se dirixiron á Delegación do Goberno e ao Valedor do Pobo para afirmaren, contraditoriamente, que "en ningún momento se deu orde ou autorización de gravar imaxes recollidas polas cámaras de videovixilancia instaladas na zona monumental" e porén "todas as gravacións son borradas salvo que capten ilícitos penais".



A data de hoxe, 27 meses despois de presentada a queixa perante o Defensor del Pueblo, este aínda non presentou ningunha recomendación, nin deu ningunha solución á problemática das videocámaras.



Por este motivo convidamoste a que envies o seguinte escrito ao Defensor del Pueblo e remitas este artigo aos teus contactos.





Seguir lendo

Mapa de cámaras na Galiza


Ver Cámaras de Galiza en un mapa más grande

Hemeroteca

Estadística

Buscar neste blog