Ola lector ,  benvido  |  entra  |  rexístrate agora  |  Axuda?

Enrique Múgica volve a aceptar queixas que foron rexeitadas polo Valedor do Pobo.

Written By Virgulino on 3/11/05 | 11:42

Dúas queixas, unha sobre a Ordenanza contra a mendicidade en O Grove e outra sobre a Liberdade de Prensa, foron aceptadas polo Defensor del Pueblo despois de que Vázquez Sande as rexeitara.

O MpDC ven denunciando repetidamente a falta de interese amosada polo Valedor do Pobo en exercer as súas funcións. Neste sentido xa fixemos público noutras ocasións que o Sr. Vázquez Sande rexeita habitualmente queixas alegando multitude de motivos. Nembargantes, as queixas rexeitadas polo Valedor do Pobo son habitualmente aceptadas polo Defensor del Pueblo: caso Prestige, cámaras de Santiago de Compostela, Concello de Toques, etc....

Nesta ocasión o Valedor do Pobo rexeitou dúas Queixas: unha sobre unha proposta de ordenanza contra a mendicidade en O Grove e outra sobre Liberdade de Prensa en relación coa incautación de fotos dunha xornalista no Galiemprego.

É evidente que a pouca incidencia do Valedor do Pobo na sociedade e falta de queixas non son casuais e son o resultado dun traballo neglixente que obriga a búsqueda doutras vías para dirimir contenciosos contra a Administración. O Sr Vázquez Sande ven realizando unha xestión partidista e politizada da Institución do Valedor do Pobo que produce unha profunda desacreditazación do mesmo.

O MpDC pide que se busque unha solución a esa problemática e que podería pasar por incluír a representantes de organizacións sociais no organigrama da Institución do Valedor do Pobo.

0 comentarios:

Publicar un comentario