Ola lector ,  benvido  |  entra  |  rexístrate agora  |  Axuda?

EN LIBERDADE TODOS OS DETIDOS DA "OPERACIÓN CASTIÑEIRA"

Written By Virgulino on 16/11/05 | 13:30

A actuación absolutamente desproporcionada realizada pola Garda Civil propiciou que os detidos sexan relacionados co terrorismo cando perante a Audiencia Nacional non se presentou ningunha denuncia relacionada con eses delitos.

É evidente que haberá que buscar responsabilidades entre os promotores da "Operación Castiñeira". Esa actuación policial creou un ambiente de alarma social en Galiza sin precedentes e a criminalización de persoas e colectivos sen ningunha fundamentación xurídica. Outra consecuencia da actuación policial foi a perda de postos de traballo dalgúns dos detidos.

O MpDC considera probábel que exista unha motivación política para esa actuación policial, xa que non había base algunha para a intervención da Sede Central da Garda Civil e da Audiencia Nacional. Tanto é así que é probable que a Audiencia Nacional se inhiba en favor dos órganos xudiciais galegos.

O Movemento polos Dereitos Civís considera que o único que logrou a "Operación Castiñeira" foi violentar dereitos fundamentais como a presunción de inocencia, o direito de asociación e de participación política e a liberdade de expresión, reunión, opinión ou difusión de ideas. Desde o MpDC queremos facer un chamamento á cidadanía para que estexa alerta ante os recurtes de dereitos e liberdades que estamos a sofrer. Por ese motivo pedimos a que as organizacións sociais e políticas dirixan comunicados públicos denunciando a desproporcionada actuación policial e reclamando garantías para os dereitos e liberdades de todos os cidadáns.

0 comentarios:

Publicar un comentario