Ola lector ,  benvido  |  entra  |  rexístrate agora  |  Axuda?

O MpDC vaise persoar nas dilixencias abertas polo Xulgado nº 5 de A Coruña en relación có topónimo da cidade.

Written By Virgulino on 7/10/05 | 19:03

Tras a aceptación por parte da Fiscalía da denuncia presentada polo MpDC, esta asociación vaise persoar no caso para recibir información puntual sobre o transcurso das Dilixencias.

O Movemento polos Dereitos Civís decidiu persoarse no caso que está tramitando o Xulgado nº5 de A Coruña en relación có topónimo desta cidade. Esta decisión está motivada pola feito de que o Concello de A Coruña se persoara no caso como denunciado e que o Avogado deste concello interrogara ao Coordinador do MpDC na comparecencia que tivo lugar o pasado mes de setembro.

O MpDC considera que ningún cidadán pode incumprir as sentencias xudiciais e por ese motivo seguirá adiante coa denuncia presentada perante a Fiscalía do TSXG para que o alcalde de A Coruña acate as sentencias do Tribunal Supremo. Tamén entende que os concellais que votaron a favor da modificación do topónimo podían estar tomando unha decisión con pleno coñecemento de que era contraria a dereito.
Por outra banda o MpDC pide ao Concello de A Coruña que non recorra a Sentencia do Contencioso-Administrativo anulando a decisión do Pleno de modificar o topónimo pois sería insistir na utilización de diñeiro público nunha batalla legal sen sustento xurídico. En todo caso, si o Concello decide seguir por esa liña, debería utilizar os medios dos que dispón (corpo de avogados propios do Concello) e non acudir a avogados externos có conseguinte aumento de custes.

0 comentarios:

Publicar un comentario