Ola lector ,  benvido  |  entra  |  rexístrate agora  |  Axuda?

O Defensor del Pueblo acepta unha queixa por limitacións á liberdade de prensa

Written By Virgulino on 14/10/05 | 10:54

Na denuncia presentada pídese que a institución "tome as medidas oportunas para chamar ás administracións que poidan estar implicadas a respectar a Constitución e as normas reguladoras da materia no que se refire á liberdade de prensa"

A denuncia ten a súa orixe na actuación da Policía Nacional durante os actos do Galiemprego, momento no que membros deste Corpo tentaron confiscar unha cámara que portaba unha xornalista e logo borrar o contido da mesma. Estes feitos deron lugar a unha queixa que foi presentada o pasado mes de maio perante o Valedor do Pobo, quen derivou a denuncia ao Defensor del Pueblo por considerar este, como ven sendo habitual, que non era da súa competencia. O Defensor del Pueblo rexeitouna nun primeiro momento alegando que debía ser presentada polos propios interesados, motivo polo que o MpDC tivo que localizar á xornalista en cuestión para que se ratificara na queixa.

O MpDC considera especialmente grave esa clase de actuación por parte dos Corpos e Forzas do Estado pois, normalmente, as imaxes recollidas pola prensa son ás únicas probas contras abusos realizados polos efectivos policiais. Podemos lembrar, recentemente, o caso do garda civil de Melilla que baixou do seu coche e pateou a un inmigrante. A Fiscalía investigará ese feito gracias as imaxes recollidas por Telecinco. Si non fose así esa agresión quedaría impune. Nembargantes esa non é a primeira vez que o Defensor del Pueblo esixe que se presente un xornalista para que ratifique unha denuncia por limitacións á liberdade de prensa, recentemente tamén esixiu que se identificara algún dos xornalistas que non puideron acceder ao acto da ONCE onde estaba presente o alcalde de A Coruña, Sr. Paco Vázquez, aínda cando as queixas dese colectivo foron públicas e recollidas polo Sindicato de Xornalistas.

Por ese motivo o MpDC pedirá ao Defensor del Pueblo que reabra unha Petición que xa foi presentada no seu día e que solicitada unha modificación da lexislación vixente para que, en caso de falta de identificación dos membros dos Corpos de Forzas do Estado que participaron nalgún ilícito no exercicio das súas funcións, sexa a Administración responsable dos danos morais, físico o materias sufridos polo agraviado.

O Movemento polos dereitos Civís denuncia as agresións nunha protesta en Galiemprego

0 comentarios:

Publicar un comentario