Ola lector ,  benvido  |  entra  |  rexístrate agora  |  Axuda?

Diminúe a delincuencia en Ribadavia sen recorrer aos listados de Estranxeiros

Written By Virgulino on 21/10/05 | 13:37

Este Concello ven de informar ao Movemento polos Dereitos Civís que a delincuencia detívose de xeito inmediato tras a toma de varias medidas que non incluíron o criticado listado de inmigrantes

Fai agora dous anos o MpDC considerou contra dereito a suposta intención do Concello de Ribadavia de elaborar un listado de inmigrantes rumanos ante o aumento de actos delitivos nesa vila. Tras ser informado polo Alcalde desa localidade o MpDC decidiu non tomar ningunha medida xa que este asegurou que non se plantexaba a creación da mencionada base de datos.

A data de hoxe o MpDC solicitou información sobre a solución dada ao problema da delincuencia e o concello de Ribadavia informou que as medidas tomadas foron un aumento da plantilla da policía local e a realización de gardas nocturnas conxuntas da Policía e da Garda Civil, tendo por resultado a inmediata diminución da oleada actos delictivos.

Ao non haberse levado a cabo a realización do censo de inmigrantes rumanos o MpDC da por rematada a súa intervención e considera que a actuación do Concello de Ribadavia foi a máis axeitada para salvagardar os dereitos dos cidadáns de Ribadavia e dos inmigrantes que residen nesa localidade.

O Concello de Ribadavia persegue o colectivo de Rumanos
O Concello de Ribadavia responde ao MPDC

0 comentarios:

Publicar un comentario