Ola lector ,  benvido  |  entra  |  rexístrate agora  |  Axuda?

O Coordinador do MpDC ratifica a súa denuncia contra os concelleiros que votaron a favor do cambio do topónimo da Coruña no pleno do Concello

Written By Virgulino on 26/9/05 | 17:57

O Movemento polos Dereitos Civís denuncia a utilización de cartos públicos en accións xudiciais personalistas do alcalde Paco Vázquez coa toma de decisións contraria a dereito.

Este luns acudiu Renato Nunes a declarar ante o Xulgado de Instrucción nº5 da Coruña para
ratificar a denucia do colectivo ao que representa, o Movemento polos Dereitos Civís, pola vulneración que da lei se está a facer no concello da Coruña.

O coordenador do Movemento polos Dereitos Civís apoiouse nas dúas setenzas do Tribunal Supremo e na sentenza do Tribunal Contencioso Administrativo na que se incidía na vulneración da lei que supuña o acordo do pleno no que se modifica o toponimo da cidade de A Coruña.
Hoxe tamén se personou nas Dilixencias o Concello da Coruña quen ten intención de recurrir a Sentenza do Contencioso-Administrativo (o que supón un maior desembolso por parte do Concello) institución que está utilizando avogados externos a pesar de contar cun corpo de letrados própio.

O Movemento polos Dereitos Civís con esta declaración ratifica a denuncia por segunda vez como xa fixera diante do Tribunal Superior de Xustiza de Galiza e critica o abuso no uso de cartos
públicos do concello en accións xudiciais deste tipo, coa única finalidade por parte do alcalde e os concelleiros que apoiaron e votaron a favor do cambio de toponimia no Pleno do Concello de evadir a legalidade e vulnerar os dereitos dos galegos e galegas, e nomeadamente dos e das habitantes da cidade de A Coruña de ser respectados na súa lingua até no mesmo nome da súa cidade.

0 comentarios:

Publicar un comentario