O MpDC pide que sexa renovada e permita a participación cidadá para rematar coa súa inoperancia e deixades de funcións.
O MpDC xa manifestou recentemente que é clara a falta de interese que esta Institución mostra por dereitos recollidos na Constitución como a igualdade e prohibición de discriminación, ao honor e a intimidade, o dereito de reunión, do dereito de folga, a liberdade de prensa, o dereito a unha vivenda, etc; centrándose ,o Valedor do Pobo, en asuntos como a legalidade de determinadas edificación sen profundizar no que recolle a Constitución que fala de impedir a especulación, ou intervindo perante a Administración de Saúde para que busque a forma de que unha persoa poida "colarse" na lista de espera sen profundizar no problema que esta lista supón.
Hai que ter en conta, ademais, os expediente rexeitados polo Valedor do Pobo que logo son investigados polo "Defensor del Pueblo" ou a falta de iniciativas propias para garantir os dereitos do pobo galego, neste sentido cabe destacar que as investigacións de oficios supoñen o 1,5% do total das realizadas no 2004.
Por todo iso o MpDC considera que se debe buscar fórmulas de revitalización desta institución que permita a participación das organización sociais.
Por último recalcar que a diminución das queixas das 2656 do 2001 ás 1400 do 2004 débese a que os interesados optan por dirixirse ao "Defensor del Pueblo" ou a outras opcións, antes que ao Valedor pois este último viña rexeitando de forma sistemática as denuncias.
A Institución do Valedor do Pobo necesita un novo impulso
| envía este post
|
|
| Etiquetas: Defensor del Pueblo | |
-
A información publicada hoxe sobre as cámaras de Compostela non corresponde có acontecido - Despois da ronda de chamadas feita polo MpDC e a información remitida por mail aos distintos medios no día de onte, só o periódico compostelano El Correo Gal...5 horas atrás
-
O MpDC solicita a devolución da fianza para a retirada das cámaras de videovixilancia - Considera que non se fará efectiva a execución provisional da sentencia O Movemento polos Dereitos Civís ven de solicitar a devolución da fianza de 3000€, p...2 dias atrás
-
A Mesa lamenta a campaña de demonización da asociación seguindo o principio de “difama, que algo queda” - Perante as informacións publicadas hoxe por La Voz de Galicia e a TVG, A Mesa pola Normalización Lingüística quere sinalar:Todos os convenios asinados pola M...4 dias atrás








0 comentarios
Postar um comentário