Ola lector ,  benvido  |  entra  |  rexístrate agora  |  Axuda?

O MpDC volve a reclamar ao Goberno do Estado un informe relativo ás sentencias cuxas únicas probas son as declaracións policiais

Written By Virgulino on 4/8/05 | 19:33

Tras o recente caso de Roquetas del Mar, no que un agricultor morreu por unha agresión policial nunha comisaria mentres a Delegación do Goberno afirmaba que foi a raíz dun infarto producido polo nerviosismo, o MpDC volve a dirixirse ao CXPX para que redacte un informe no que se aclare "o número de asunto nos que a única proba de cargo foi o testimonio dun ou varios axentes das Forzas e Corpos de Seguridade"

A morte do agricultor de Roquetas del Mar volveu a evidenciar dunha forma escabrosa a indefensión na que se pode chegar a estar calquera cidadán que se vexa involucrado dalgunha maneira coas Forzas e Corpos de Seguridade e a protección que os seus superiores lles outorga. Puidemos constatar que a pesar das evidencias, a Delegación do Goberno e as autoridades competentes intentaron ocultar o verdadeiro motivo da morte deste cidadán, quitarlle importancia a utilización de armas ilegais e protexer ao causante material do asasinato enviándoo, nun principio, a un novo destino e transmitindo aos medios de comunicación unha xustificación por medio dun formulismo de sobra coñecido nos proceso xudiciais: que contra o detido se utilizou a forza mínima necesaria. Nesta ocasión houbo testemuñas e a segunda autopsia demostrou a gravísima situación na que se encontraba o corpo do falecido.

Queremos chamar a atención sobre o feito de que este non é un acontecemento illado e dáse con moita frecuencia. Afortunadamente non con consecuencias tan extremas pero que vulneran habitualmente os principios do Estado de Dereito. Tal e como lle pasou a un xoven en febreiro, quen denunciou unha agresión mentres estaba detido na Comisaria e o Ministerio Fiscal negouse a investigar. Talvez, si daquela a Administración de Xustiza se molestara en realizar a súa función, hoxe este membro da Garda Civil estaría sancionado e o agricultor vivo.

É evidente que existe un debilitamento do principio de presunción de inocencia e a aparente facilidade coa que se desmonta sempre en prexuízo do cidadán e dando unha credibilidade desmesurado a ás probas en contra da mesma, incluso cando se trata de simples declaracións de axente das Forzas e Corpos de Seguridade ás que se lles da un valor case de certeza absoluta. Nos últimos anos o MpDC ven denunciando varias sentencias que teñen como única proba o testimonio de funcionarios policiais implicados (Sindicalistas de Lugo, Veciños do Eixo, Manifestantes de Pontevedra e Lugo, etc) e que como podemos comprobar deben contar, como moito, coa mesma credibilidade que o testimonio dos demais cidadáns.

Por este motivo volvemos a requirir ao Goberno do Estado, e en base as firmas entregada no CXPX en Marzo, que inste ao CXPX a realizar un informe sobre as sentencias nas que "a única proba de cargo foi o testimonio dun ou varios axentes das Forzas e Corpos de Seguridade".

0 comentarios:

Publicar un comentario