Ola lector ,  benvido  |  entra  |  rexístrate agora  |  Axuda?

O "Defensor del Pueblo" pide ao Concello de A Coruña que explique porque non informou ao MpDC sobre as Cámaras de Videovixiancia.

Written By Virgulino on 30/8/05 | 10:50

A información foi solicitada en Decembro do 2004, sen que o Concello contestara.

O "Defensor del Pueblo" reclamou ao Concello de A Coruña que explique porque non lle facilitou a información solicitada polo MpDC en decembro do 2004 relativa aos permisos das cámaras de videovixiancia instaladas na Praza de María Pita e na Praza do Humor. As cámaras foron instaladas nun principio para a vixilancia dos Edificios Públicos e en Xullo do 2004 o Concello informou publicamente de que serían utilizadas para vixiar as respectivas prazas.

Para confirmar a legalidade da utilización das cámaras o MpDC pediu ao Concello de A Coruña que facilitara copia do acordo da Xunta de Goberno onde se decide utilizar as cámaras destinas á protección de edificios públicos para vixiar, ademais, as mencionadas prazas. Ante a falta de contestación o MpDC dirixiuse ao "Defensor del Pueblo" xa que o Valedor resulta absolutamente inoperante, e esa Institución logrou unha contestación por parte do Concello. Nembargantes o "Defensor del Pueblo" afirmou que "a la vista del contenido de dicho escrito, hemos considerado necesario dirigirnos de nuevo a dicha Administración solicitando un nuevo informe en que se haga referenca a la falta de respuesta a su solicitud de información".

Ante a actitude co Concello de A Coruña, o MpDC volveu a solicitar a esa Administración que facilite información sobre os acordos que puideron permitir a colocación das cámaras, tamén volveu a solicitar ao Defensor del Pueblo que volva a interesarse polos mesmos.

A captación de imaxes é unha medida desproporcionada para conseguir a finalidade pretendida e fai unha utilización xeralizada e non discriminada das videocámaras, provoca un conflicto entre o dereito á intimidade e a vixilancia da seguridade cidadán, non cumpre o principio de proporcionalidade e non utiliza unha medida adecuada ao por en perigo dereitos constitucionais para combater pequenos casos de delincuencia. Por eses motivo o MpDC considera necesaria a retirada das Videocámaras.

0 comentarios:

Publicar un comentario