Ola lector ,  benvido  |  entra  |  rexístrate agora  |  Axuda?

O MpDC confirma que a Fiscalía aceptou a súa denuncia contra Paco Vázquez

Written By Virgulino on 19/7/05 | 16:04

A denuncia débese a utilización de diñeiro público para manter unha batalla legal sobre o topónimo de A Coruña cando esta non é competencia do Concello e sí da Xunta de Galiza; ademáis pídese á Fiscalía que obrigue a Paco Vázquez a acatar as sentencias dictadas en contra da dobre toponía.

Ante as consultas recibidas por mor da ratificación hoxe, no pleno do Concello de A Coruña, do decreto polo que se resolve o persoamento do Concello de A Coruña nas dilixencias abertas a raíz da denuncia presentada polo Movemento polos Dereitos Civis polo topónimo da cidade en castelán, o MpDC confirma que a Fiscalía aceptou a denuncia contra o alcalde desta cidade, que as Dilixencia estánse levando no Xulgado nº5 e que o Coordinador do MpDC deberá declarar o próximo 26 de Setembro.

O MpDC promoveu esta denuncia ante a falta de respecto do Alcalde de A Coruña polas sentencias dictadas contra él e que deben ser cumpridas xa que, segundo a Constitución, todos somos iguais ante a Lei.

0 comentarios:

Publicar un comentario