Ola lector ,  benvido  |  entra  |  rexístrate agora  |  Axuda?

O Defensor del Pueblo négase a investigar a expulsión de xornalistas do acto da ONCE

Written By Virgulino on 6/7/05 | 12:29

Por primeira vez, reclama que a queixa sexa presentada polos propios xornalistas.

O Defensor del Pueblo négase a investigar a expulsión de xornalistas que tivo lugar o pasado 30 de marzo cando o alcade de A Coruña botounos dunha exposición da ONCE na Praza da María Pita da cidade coruñesa.

Este feito foi denunciado polo xornalistas que realizaron unha sentada na devandita praza como protesta e, ademais, o Sindicato de Xornalistas de Galiza manifestou a súa solidariedade asi como a necesidade de que o Alcalde pedira disculpas.

A pesar de esta actitude vulnera de maneira notoria o artigo 20 da Constitución do Estado Español, onde se recoñece o dereito a comunicar libremente información veraz, o Defensor del Pueblo reclama que os xornalistas agraviados presente persoalmente a queixa ou denuncia “ante a Comisaría de Policía, o Posto ou Cuartel da Garda Civil ou Xulgado que corresponda”.

Este actitude amosa a repetidamente denunciada inoperancia desta Institución e do Valedor do Pobo que aínda tendo capacidade de investigar por iniciativa propia, non o fan incluso cando son requiridos para iso.

Ademais o artigo 542 do Código Penal prevé a pena de inhabilitación de un a catro anos á autoridade ou funcionario público que, a sabienda, impida a unha persoa o execicio doutros dereitos cívicos recoñecidos pola Constitución e as Leis. Motivo polo que o Defensor del Pueblo debería ter posto en coñecemento do Ministerio Fiscal os feitos denunciados.
Desde o MpDC intentaráse localizar a algún dos xornalistas agraviados para que presenten a correspondente queixa.

0 comentarios:

Publicar un comentario