Ola lector ,  benvido  |  entra  |  rexístrate agora  |  Axuda?

Condenado por falta de lesións un policía local de Santiago

Written By Virgulino on 19/7/05 | 12:29

O MpDC denunciou os feitos, presentou unha queixa diante do Defensor del Pueblo e denuncias contra a policía local

O Xulgado de Instrución nº 1 de Santiago vén de facer pública a sentenza pola que se declara ao policia local nº 064 culpábel de dúas faltas por lesións. O Movemento polos Dereitos Civís (MpDC) xa denunciara no seu momento os feitos e ten presentada unha queixa diante do Defensor del Pueblo e varias denuncias contra a policía local pola desmedida actuación.

Os feitos ocorreron o 13 de marzo de 2004 na rúa Casas Reais, cando varios veciños chamaron a policía local, de madrugada, queixándose polo ruído que provocaban unhas 20 persoas que tocaban os timbais. A actuación policial provocou lesións a varios dos mozos.

Mentres a policía local mantén que empregaron a forza regulamentaria para reconducir a situación e levar aos mozos á comisaría, estes afirman que recibiron empurróns, golpes coas porras, spray nos ollos e intentos de atropelo.

Dacordo cos informes forenses, no xuízo quedou acreditada a existencia de lesións. O fallo sinala como “autor de dúas faltas de lesións do art. 617.1 do Código Penal” ao Policía Local nº 064 “á pena, por cada unha delas, de multa de 30 días, cunha cota de 3 euros diarios e a que indemnice” a un dos lesionados “á cantidade de douscentos dez euros” e a outro “na contía de cento vinte euros”.

A pena deberá pagarse unha vez asine a resolución, do contrario a mesma será substituída por privación de liberdade de un día por cada dúas cotas diarias non satisfeitas.

O MpDC valora positivamente esta sentenza e espera que sexa a primeira favorábel das varias que están presentadas contra a policía local de Santiago e que iso faga recapacitar aos responsábeis de seguridade cidadá do concello e que realicen as investigacións pertinentes cando se denuncien actuacións desproporcionadas por parte deste corpo policial.
  • Movemento Polos Dereitos Civís - ... veñen realizando polas cámaras de videovixiancia (con dous anos e medio detrámite) e as actuacións da policía local de Santiago (con máis de un ano).
  • Movemento Polos Dereitos Civís - ... quien comentó la actuación conjunta de la Guarda Civil y la Policia Local,llevada a cabo en un pub, en la cual el citado concejal, mostraba su asombro
  • Movemento Polos Dereitos Civís - O MpDC denuncia de novo a actuación dun Policía Local de Compostela, ... O pasadomartes un coche da Policía Local abriuse paso entre a xente,
  • Movemento Polos Dereitos Civís - Informes da Policía Local de Compostela contradícense cos informes da Policia... Así, o concello lle pediu á Policía Local a elaboración dun informe que o
  • Movemento Polos Dereitos Civís - Resulta máis complicado averiguar a legalidade das cámaras de video-vixilanciaea actuación da Policía Local que a actuación das administracións de Galiza
  • Movemento Polos Dereitos Civís - ... sobre a actuación da Policía Local xa que o Concello non lle responde. ...de determinados membros da Policía Local que se excedían nas súas funcións.
  • Movemento Polos Dereitos Civís - O MpDC denuncia a desproporcionada actuación da Policía durante o fin de semana.... a Policía Nacional, pola inauguración do novo local do Partido Popular.
  • Movemento Polos Dereitos Civís - Este responsável da Policia Local tem manifestado recentemente confiar cegamente... É habitual que a Policía Local acuda ás denuncias por ruídos á noite
  • Movemento Polos Dereitos Civís - O MpDC presenta un informe sobre as denuncias contra a Policía Local de Santiago de... A Policía Local de Santiago segue coa súa actuación agresiva
  • Movemento Polos Dereitos Civís - Un efectivo da Policía Local dirixiuse a un deles que levaba os tambores e pediulle o... Chegaron dous coches máis da Policía Local que volveron a cargar.
  • Movemento Polos Dereitos Civís - ... as actuacións violentas da policía local; as prohibicións contra actos ...Esta foi a condena a que foi sometido o Policía Nacional que agrediu,
  • Movemento Polos Dereitos Civís - Mentres se ordena á Policía Local impedir a entrada a cidadáns con intención e... Sánchez Bugallo aínda ten que explicar porque a Policía Local de Santiago
  • Movemento Polos Dereitos Civís - púxo-se unha denuncia (non nas dependencias da Policía Local xa que negáron-sea recolle-la) na Policía Nacional (da que adxunta-mos copia); denuncia que
  • Movemento Polos Dereitos Civís - ... se comunica ao Xefe da policía Local que debe suspender as filmación (para saber... A policía nacional impedía o paso de manifestantes de Nunca Máis ao
  • Movemento Polos Dereitos Civís - O Movimento Polos Direitos Civís denunciou hoxe, perante a Policía Local, ...Esperemos que a Policía Local sexa igual de contundente có PSOE que como ven
  • Movemento Polos Dereitos Civís - A Policia Local confunde á mocidade máis activa deste país con delincuentes, ...Mentres a Policía Local de Santiago denuncia a mozos e mozas por instalar
  • Movemento Polos Dereitos Civís - Neste caso, a Policía Local de Compostela cargou brutal e inxustificadamentecontra unha cincuentena de traballadores da empresa CESPA, que manteñen unha

0 comentarios:

Publicar un comentario