Ola lector ,  benvido  |  entra  |  rexístrate agora  |  Axuda?

O novo goberno de Galiza deberá apostar por un Valedor do Pobo que vele polos dereitos na Galiza

Written By Virgulino on 28/6/05 | 11:33

O MpDC pide que polo ben dos dereitos da cidadanía galega se renove a Institución doValedor do Pobo pola súa inoperacía e deixadez de funcións.

Dos análisis realizados polo Movemento polos Dereitos Civís e das queixas formuladas, é clara a falta de interese que esta Institución mostra por dereitos recollidos na Constitución como a igualdade e prohibición de discriminación, ao honor e a intimidade, o dereito de reunión, do dereito de folga, a liberdade de prensa, o dereito a unha vivenda, etc; centrándose ,o Valedor do Pobo, en asuntos como a legalidade de determinadas edificación sen profundizar no que recolle a Constitución que fala de impedir a especulación, ou intervindo perante a Administración de Saúde para que busque a forma de que unha persoa poida "colarse" na lista de espera sin profundizar no problema que esta lista supón.

Hai que ter en conta, ademáis, os expediente rexeitados polo Valedor do Pobo que logo son investigados polo "Defensor del Pueblo" ou a falta de iniciativas propias para garantizar os dereitos do pobo galego.

Por todo esto o MpDC pide ao PSOE e ao BNG que busquen revitalizar esta institución e que se renove a súa estructura de forma que as organización sociais poidan instar de forma máis efectiva o seu traballo.

0 comentarios:

Publicar un comentario