Ola lector ,  benvido  |  entra  |  rexístrate agora  |  Axuda?

O MpDC denunciará diante do Defensor del Pueblo a actuación da Garda Civil en Trives

Written By Virgulino on 14/6/05 | 16:13

Impediron a proxección do video “Hai que botalos” alegando unha denuncia dun representante do PP

O Movemento polos Dereitos Civís denunciará diante do Defensor del Pueblo e a Subdirección de Persoal e Servizos de Seguridade do Ministerio de Interior a actuación dos axentes da Garda civil que impediron o exercicio do dereito fundamental, consagrado no artigo 20 da Constitución, de liberdade de expresión e a dar e recibir información veraz.

A denuncia do MpDC débese a que o pasado sábado 11 de xuño, axentes da Garda Civil presentáronse no Café Bar “Vía Nova” de Trives, onde se estaba a iniciar a proxección de Hai que botalos e impediron o visionado alegando unha denuncia do “representante do PP de Trives”, sen que conste mandato xudicial algún.

Os axentes regresaron até cinco veces para asegurarse de que o filem non era proxectado, montando unha liorta cos clientes que protestaban pola súa actuación represiva sen ningunha xustificación legal.

Burla Negra tamén estuda emprender accións legais contra este ataque directo á liberdade de reunión e de expresión e exixir a proxección do filme onde estaba prevista. A súa denuncia ampárase no artigo 144 da lei electoral, que textualmente afirma:

Art. 144.1. Serán castigados coa pena de arresto maior ou multa de 30.000 a 300.000 pesetas quen leven a cabo algún dos seguintes actos:

a) realizar actos de propaganda unha vez finalizado o prazo da campaña electoral.

b) Infrinxir as normas legais en materia de carteis electorais e espazos reservados dos mesmos, así como as normas relativas ás reunións e outros actos públicos de propaganda electoral.

c) Serán castigados coas penas de prisión menor en grao mínimo e multa de 100.000 a 500.000 pesetas os membros en activo das Forzas Armadas e Seguridade do Estado, das Policías das Comunidades Autónomas e locais, os Xuíces, maxistrados e Fiscais e os membros das Xuntas Electorais que difundan propaganda electoral ou leven a cabo utras actividades de campaña electoral.

Os organizadores do evento só colocaron un cartaz informando do cambio de lugar da proxección, xa que lles fora negada a Casa de Cultura da vila e, en consecuencia decidiran organizala no “Vía Nova”, sen que en ningún momento se utilizase ningunha sigla partidaria.

0 comentarios:

Publicar un comentario