Ola lector ,  benvido  |  entra  |  rexístrate agora  |  Axuda?

O MpDC denuncia ó alcalde compostelán por injurias a Renato Nunes

Written By Virgulino on 2/6/05 | 19:15

O MpDC presentou unha denuncia contra o alcalde de Compostela, Xosé Sánchez Bugallo, por unhas declaracións nas que ataca frontalmente ó coordinador do movemento, Renato Nunes.

Concretamente, o alcalde compostelán atacou á honra do sr. Nunes cunhas declaracións ao "Defensor del Pueblo" nas que afirma que “la actuación de este ciudadano [o coordinador do MpDC) obedece a ciertos condicionantes inherentes a su propia personalidad, y que se demuestran en reiteradas ocasiones de forma violenta hacia cualquier tipo de mandato u orden que emane de la Administración y en especial hacia la labor policial”.

Estas declaracións, feitas en resposta a un requerimento do Defensor del Pueblo a raíz de varias denuncias por actuacións da Policía Local de Santiago, están tipificadas polo código penal coma inxurias, nembargantes os xuíces que abordaron a denuncia non no consideraron así . É máis, nen tan sequera apreciaron delicto algún.

Dende o MpDC se preguntan que tería ocurrido de ter sido o denunciante quen realizase esas manifestacións contra o alcalde. Estamos ante unha máis que posible vulneración do principio de igualdade, demostrándose que todos somos iguais perante a lei pero uns máis ca outros.

1 comentarios:

Anonymous dijo...

Ai vida aí fora?

Publicar un comentario