Ola lector ,  benvido  |  entra  |  rexístrate agora  |  Axuda?

O Movemento polos Dereitos Civís demanda unha pena exemplarizante para o condutor que atropelou ás rapazas de Vigo

Written By Virgulino on 22/6/05 | 12:07

Arrastrou a unha delas catrocentos metros entre as rodas, cando participaban nunha manifestación contra a guerra de Iraq

O Movemento polos Dereitos Civís (MpDC) demanda das instancias xudiciais que se dicte unha sentenza exemplarizante contra a condutor de Vigo que atropelou a dúas rapazas que exercian un dereito fundamental como é o de manifestarse; neste caso, contra a guerra de Iraq.

O MpDC consideraría inxusto e discriminatorio que a actuación deste cidadán poidera quedar impune ou nunha pena simbólica, cando contra algúns manifestantes se teñen imposto penas absolutamente desproporcionadas, como é o caso dos veciños do Eixo, por exemplo, os sindicalistas de Lugo ou contra Bernardo Pazos, que participaba nunha manifestación de Nunca Máis.

0 comentarios:

Publicar un comentario