Ola lector ,  benvido  |  entra  |  rexístrate agora  |  Axuda?

Presentación Informe 2004 do MpDC

Written By Virgulino on 26/5/05 | 17:15

O Movemento polos Dereitos Civís presenta o seu informe 2004 no que analiza os ataques e vulneracións aos dereitos civís, así como salienta a necesidade de denunciar as situacións inxustas e que haxa unha sociedade civil organizada que faga fronte a esta situación de
perda de liberdades


Este xoves presentouse diante dos medios de comunicación o Informe 2004 do Movemento polos Dereitos Civís, no que se fai un relato das denuncias e queixas apresentadas por este colectivo, así como un resumo de aqueles dereitos que por distintas actuacións de concellos,
e nomeadamente da Xunta de Galiza ou da Administración de Xustiza vironse gravemente lesionados no noso país.

Xosé María Rodríguez, avogado e integrante do Movemento polos Dereitos Civís, foi a persoa encargada de presentar este informe, quen salientou a necesidade de "sermos a sociedade civil á que lle de resposta ao recurte de dereitos e liberdades", e analizou cal é a situación na que nos atopamos despois dos atentados acontecidos o 11-M ou despois da guerra do Iraque, da criminalización dos movementos sociais, asi como lembrou a importancia de darlle unha resposta
organizada a estes ataques.

Xunto a Xosé María Rodriguez estiveron presentes nesta rolda de presentación Alba Nogueira, profesora de Dereito da USC, e Xan Carlos Ansia, funcionario da Xunta de Galiza que presentaron dous dos temas destacados deste informe.

Alba Nogueira abordou o secuestro da información durante a crise do Prestige, motivo polo que o MpDC presentou o ano pasado perante o Parlamento Europeo e polo dereito de petición unha queixa. Esta petición foi tramitada e atendida, facendo referencia á necesaria transposición da Directiva de Información Medioambiental que foi modificada no ano 2003, e que de acontecer outro Prestige estes gobernos non poderían volver manipular tan vergonzosamente esta
información. O dereito á información é outro dos temas abordados máis
extensamente neste informe.

Xan Carlos Ansia, traballador da Xunta de Galiza e sindicalista da CIG Administración, fixo referencia aos casos denunciados de nepotismo na Xunta de Galiza e que aparecen tamén recollidos neste informe do MpDC, como a creación de entes como fundacións ou empresas mercantís, que ainda que están xestionadas con cartos públicos non teñen nin o mesmo
réxime de contratación nin cumpren os mesmos controis polo que podemos falar que o PP desde a Xunta de Galiza está a criar unha auténtica Administración paralela, que ten sido denunciada e condenada en nomeadas ocasións. No informe faise referencia a estes casos, asi como o apoio que desde o Consello de Contas de Galicia ou desde o valedor do Pobo se ten amosado perante estas denuncias de nepotismo.

Tanto o nepotismo na contratación e xestión dos fundos públicos da Xunta de Galiza, como o secuestro, utilización propagandística e manipulación da información son só algúns dos temas que recolle este informe e que será presentado nas próximas nas sete cidades galegas para dar a coñecer as denuncias realizadas polo MpDC no pasado ano, asi como animar a sociedade civil a que participe deste proxecto para denunciar todo ataque aos seus dereitos e liberdades.

0 comentarios:

Publicar un comentario