Ola lector ,  benvido  |  entra  |  rexístrate agora  |  Axuda?

O MpDC denuncia de novo a actuación dun Policía Local de Compostela, desta vez pola súa actuación desproporcionado cun mozo no Entroido o pasado marte

Written By Virgulino on 10/2/05 | 13:42

O Movemento polos Dereitos Civís como ven denunciando neste último ano, e así o recolle no seu Informe 2004, quere facer pública a súa condena dos feitos acontecidos o pasado martes no Entroido compostelán, que de novo amosan unha actuación desproporcionada dun funcionario da Policía Local de Compostela.



O pasado martes un coche da Policía Local abriuse paso entre a xente, golpeando a diversas persoas co seu coche. Despois de diversas protestas dos cidadáns, o funcionario da policía local de Compostela baixou do seu coche propinando varios golpes na cara e no estómago ao rapaz que presentou a denuncia á que facemos referencia na Comisaria de Compostela.



Estes non son os primeiros acontecementos que nos falan dunha actuación neglixente e desproporcionada por parte dos axentes da seguridade na cidade de Compostela, e por iso resulta máis preocupantes que desde o Concello de Compostela non se lles poña freo a este tipo de actuacións.

Desde o Movemento polos Dereitos Civís vimos denunciando estas numerosas violacións dos dereitos individuais que até se teñen convertido como neste caso en agresións por parte de membros da Policía Local. Reclamamos polo tanto que desde o Concello se abra unha investigación a este respecto e se tomen as medidas necesarias para depurar responsabilidades como que se comecen a tomar medidas para protexer aos cidadáns dos abusos de poder que as forzas de seguridade desta cidade realizan reiteradamente.

Por: Zelia


WEB:

Informes da Policía Local de Compostela contradícense cos informes da Policia Nacional nas actuacións realizadas nas identificacións a cidadáns

Denúncia contra dous axentes compostelanos

O Coordinador do MpDC presenta denuncia por inxurias contra o Alcalde de Compostela

O "Defensor del Pueblo" ten dous expedientes sobre o Concello de Santiago de Compostela paralizados.

O "DEFENSOR DEL PUEBLO" SEGUE A RECLAMAR INFORMACIÓN SOBRE ÁS CÁMARAS DE VIDEO-VIXILANCIA E AS ACTUACIÓN POLICIAIS EN SANTIAGO DE COMPOSTELA

Resume da Rolda de Prensa - Agresións Policiais

O MpDC convida a que Xosé Baqueiro reciba aos cidadáns agraviados pola policía local de Santiago

A Policía Local de Compostela segue sendo denunciada por brutalidade policial

O Concello de Santiago non responde ás denuncias contras os seus axentes policiais.

0 comentarios:

Publicar un comentario