Ola lector ,  benvido  |  entra  |  rexístrate agora  |  Axuda?

A SGAE DEMANDA AO PORTAVOZ MUNICIPAL DO BNG EN OLEIROS

Written By Virgulino on 20/1/05 | 18:58

A SGAE demandou ao concelleiro do BNG de Oleiros Antón Tenreiro, responsábel das áreas de Xuventude, Deportes, Turismo e Normalización Lingüística por “daños ao honor”. A Sociedad General de Autores y Editores solicita que se condene a Tenreiro ao pago de 12.000€ como indemnización, e que se publique a sentenza nos medios de comunicación a cargo do concelleiro.



A demanda refírese ás declaracións realizadas por Tenreiro a varios medios de comunicación, nas que acusaba á SGAE de “extorsión”, “coacción e persecución” e de levar a cabo “actividades mafiosas”, e que se deron en relación con un concerto que o concello organizou en solidariedade cos sindicalistas da CIG que nese momento estaban en folga de fame. A SGAE tiña solicitado o pagamento dun canon pola celebración deste concerto, que en realidade era un acto de solidariedade no que tanto os artistas como a equipa de son renunciaran ao cobro e aos dereitos.



Tenreiro acudiu o pasado día 12 a recoller a demanda ao xulgado, e ante a prensa retirou as acusacións pois declarou que “nunca estivo no meu ánimo faltar á honra da SGAE nin dos seus representados”, mais manifestou que continuará organizando actos de solidariedade semellantes ao que motivou a denuncia, e reivindicando unha xestión dos dereitos de autor máis xusta. De acordo con isto, aunciou o comezo de unha campaña de apoio a estas reivindicacións, na que participarán artistas de distintos ámbitos e dentro da que se están a organizar unhas xornadas sobre dereitos de autor e propiedade intelectual (ás que estará convidada a SGAE).



Por: Renato

0 comentarios:

Publicar un comentario