Ola lector ,  benvido  |  entra  |  rexístrate agora  |  Axuda?

O MpDC mostra a súa sorpresa pola petición de maior presenza policial nocturna en Compostela.

Written By Virgulino on 13/1/05 | 19:44

Lembra que na Zona Vella de Compostela hai instaladas cámaras de videovixilancia e que recentemente 3 dotacións policiais e unha moto acudiron a un acto simbólico onde nove xoves colaban con fixo un cartaz.



O Movemento polos Dereitos Civís quere mostrar a súa sorpresa pola solicitude realizada por Compostela Monumental ao Ministro de Interior, requirindo máis policías para a Zona Vella. Desde o MpDC queremos lembrar que a Zona Vella está vixiada por cámaras (que non gravan segundo o Concello de Compostela) e que o número de Policías Nacionais é suficiente para realizar un impresionante despliegue por mor dun acto simbólico onde nove cidadáns colocaban con fixo un cartaz. Tamén lembra que a Policía Local de Santiago de Compostela fai un importante seguimento das organizacións que colan cartaces ou facen murais en Santiago.



Parece evidente que o problema que poida existir na Zona Vella non ten que ver có número de efectivos policiais e si coa utilización que se fai deles. Desde o MpDC volvemos a insistir na necesidade da retirada das cámaras de videovixilancia que, como se demostra por esta reclamación de Compostela Municipal, non ten efectividade algunha e que os efectivos policiais disponibeis realicen unha labor de prevención da delincuencia e non de seguimento da actividade das organización da Vila.



Por: Renato Nunes


0 comentarios:

Publicar un comentario