Ola lector ,  benvido  |  entra  |  rexístrate agora  |  Axuda?

O Movemento polos Dereitos Civís denuncia que a administración pública atenta contra a igualdade de dereitos dos opositores

Written By Virgulino on 28/12/04 | 13:16

O Movemento polos Dereitos Civís denuncia que a administración pública galega atentou contra a igualdade de dereitos dos opositores que se presentaron ás prazas de coidadores que convocaba a Xunta de Galiza. Por iso, solicita a impugnación do segundo exercicio e a súa nulidade, procedendo a súa repetición garantíndose os principios de legalidade, mérito, igualdade e capacidade.



Para o Movemento polos Dereitos Civís é inaceptábel a falta de criterio no proceso selectivo de acceso á Administración Pública (Xunta de Galiza) de persoal pertencente á categoria 04 do Grupo IV Auxiliar Coidador e súmase ás alegacións presentadas polos afectados que participaron na devandita proba.



Varias preguntas do exercicio son impugnábeis, do momento no que se daban casos de dúas posíbeis respostas ou que ningunha fosa a adecuada. Ademais, o número de respostas correctas exixidas atenta contra o regulamento dun concurso-oposición, ao non poderen computar o tempo traballado -que era o principal mérito do proceso selectivo- asimilándose máis a un proceso de oposición, ao estabeleceren unha nota de corte tan elevada.



A resolución pola que se acordou a publicación das listas provisionais é nula de pleno dereito conforme ao estabelecido no artigo 62 da Lei 30/92 de novembro, xa que é un acto administrativo común ás dúas quendas de aceso ao emprego público, tanto por aceso libre como por promoción interna, polo que vulnera o procedemento legalmente estabelecido no artigo 9.3 do Convenio de Persoal Laboral da Xunta de Galiza, ao non manteren a distinción nin a separación entre ambas quendas de aceso.



Esta mesma separación e distinción entre o proceso de acceso libre e o de promoción interna, queda desvirtuado toda vez que impón a un e outros participantes o mesmo exame práctico coa mesma nota de corte, polo que se impón, así mesmo un criterio igualitario que contravén a diferenza que para a quenda de promoción interna estabelece o Convenio de aplicación.



Por outra banda, resulta criticábel que a nota de corte se estabelecera cun nivel de coñecementos tan alto como o determinado, sen que na resolución que o determina se motive a razón de tal exixencia. Esa decisión contraría a natureza do mesmo proceso selectivo xa que segue sendo o segundo exercicio de carácter eliminatorio se lle dá demasiada importancia ao mesmo sobre todos os outros méritos demostrados ao longo do proceso. De facto, a superación do segundo exame cun criterio tan restrictivo, ven resolver todo o proceso, xa que o primeiro exame e os méritos demostrados no mesmo quedan desbotados para a maioría dos participantes.



Con respecto a este nivel de exixencia, cabe apuntar que en ningún caso debera determinarse o mesmo con relación ao número de prazas convocadas, senón por razóns de coñecementos considerados dabondo para o desenvolvemento dos futuros postos de traballo. O primeiro criterio apuntado suporía anticipar o fin do concurso-oposición e función da resolución do segundo exame e non cumprir a legalidade prevista que exixe esperar á resolución da fase concurso, para saber que participantes superaron ou non todo o proceso.



Por: Paula

0 comentarios:

Publicar un comentario