Ola lector ,  benvido  |  entra  |  rexístrate agora  |  Axuda?

A Constitución é vulnerada de forma habitual polos poderes públicos.

Written By Virgulino on 3/12/04 | 11:39

Dos artigos recollidos no Título I da Constitución, dos que os comprendidos entre o 15 e o 29 contan con especial protección, todos son vulnerados de forma habitual polas administracións, autoridades e institucións.



Perante a proximidade do 6 de decembro, día no que o Estado Español celebra a súa Constitución, o MpDC quere dar a coñecer a súa postura sobre utilización interesada que se fai da Lei de Leis. Da recompilación de información que levamos realizado para o noso Informe do 2004, durante este ano podemos facer un breve repaso e confirmar vulneracións nos seguintes artigos:



Artigo 15: Creación, por orden ministerial, dun arquivo de infectados de VIH (Orden declarada nula pola audiencia nacional)

Artigo 18: Instalación de cámaras de videovixilancia polos concellos de Salceda e A Coruña (o concello de Santiago segue a ser investigado polo Defensor del Pueblo)

Artigo 19: Impedimento para que manifestantes accedan á Praza da Quintana o 25 de Xullo

Artigo 20: Manipulación informativa no 11-M, Expulsión de xornalistas do Concello de Toques, Censura de cancións no Entroido de Xinzo.

Artigo 23: Imposibilidade de votar para 20.000 galegos embarcados.

Artigo 27: Vulneración do Decreto 247/95 que regula as materias mínimas a impartir en galego.

Artigo 28: Ameaza de suspensión de emprego e soldo por secundar paros en Izar, Condenas de cárcere por participar nu piquete informativo, un xuíz non considera delicto presión a traballadores para que non se presente ás eleccións sindicais por un determinado sindicato.

Artigo 29: O Concello de Santiago non responde ás peticións que se lle formula.



Estes son uns poucos exemplos pero existen moitos; sobre todo nos artigos 10, que evidencian unha absoluta indefensión para a cidadanía nos casos de abusos policiais, e no 14, onde se mostra a diferente actuación das administracións (sobre todo de xustiza) dependendo de a quen se está xulgando ou denunciando un delicto.



Por último non nos podemos esquecer do dereito a Autodeterminación que non é recoñecido pola Constitución Española e, nembargantes, é un dereito inalienable dos pobos, tal e como o define a Carta das Nacións Unidas.



Por: Renato

0 comentarios:

Publicar un comentario