Ola lector ,  benvido  |  entra  |  rexístrate agora  |  Axuda?

Aprázase o xuízo contra nove policías que agrediron a varios cidadáns durante as mobilizacións pola catástrofe do Prestige

Written By Virgulino on 21/12/04 | 10:10

A vista do xuízo contra os 9 policías identificados trala agresión, o 3 de decembro de 2002, a varios cidadáns no marco das mobilizacións pola catástrofe do Prestige terá lugar, finalmente, o vindeiro 1 de febreiro.



Os feitos remóntanse a aquel día do mes de Nadal, cando un grupo de cidadáns decidiu encadearse no Parlamento Galego durante a celebración do pleno de urxencia polo afundimento do petroleiro, verquendo durante a súa protesta seis bolsas de chapapote nas portas do edificio. A carga policial que seguíu a esta acción de protesta pacífica, ordenada polo inspector Enrique León Calviño, saldouse co ingreso hospitalario de 6 destes manifestantes. Malia isto, o equipo de goberno do Concello compostelano decidiu presentar unha denuncia por danos ao mobiliario urbano que implica pena de prisión para os participantes naqueles feitos. Aínda así, nove dos policías que cargaron aquel día foron identificados e serán xulgados polos feitos o día 5 de febreiro trala suspensión da vista pola incomparecencia dalgúns deles –os autonomicos–.



Para sorpresa de todos, o certo é que o Concello continúa coa súa acusación aos cidadáns golpeados aquel día, identificados voluntariamente cando foron ao hospital a seren atendidos das súas feridas. Igual que fixo cós sindicalistas que serán xulgados hoxe e có outro sindicalista que foi condenado a cárcere recentemente en Compostela.



O Movemento polos Dereitos Civís xa formulou o pasado 17 de decembro do 2002 unha Petición á Subdelegación do Goberno de A Coruña para que investigara esta carga policial, e da que os medios de comunicación forneceron imaxes de ata 3 policias golpeando a un xove tirado no chan. Na mencionada petición se informaba da existencia de videos, fotos e do interese do Deputado Emilio Pérez de declarar fronte unha hipotética investigación. A Subdelegación do Goberno lonxe de interesarse polo presenciado polo Deputado Emilo Pérez, ver os videos e fotos; limitouse a recoller información no xornal Faro de Vigo e na páxina Web de NOS-UP para contrastar a información da Xefatura Superior de Policía. Cabe lembrar o desproporcionada da carga policial que provocou varios feridos de consideración sen que a Policía Nacional garantizara a súa asistencia médica ou lle comunicara a ningúen próximo ao ferido os feitos ocorridos (có agravante de que membros da policia Nacional se personaron no Hospital Clínico para recoller datos das persoas que presentaron denuncias por agresión). A lexislación vixente aconsella "evitar recorrer á forza nas actuacións policiais durante reunións ilícitas pero non violentas e só poderán recorrer a ela si outros medios resultan ineficaces ou non garante de ningunha maneira o logro do resultado previsto.
Por: Xosé María

0 comentarios:

Publicar un comentario