Ola lector ,  benvido  |  entra  |  rexístrate agora  |  Axuda?

O MPDC denuncia a impunidade do governo español e galego ante a crise do Prestige

Written By Virgulino on 9/11/04 | 20:04

O Movemento reclama que se revise a actuación de ambos governos nas súas actuacións na crise do petroleiro.O Movemento polos Dereitos Civís (MPDC) reclamou xa hai tempo ó Parlamento Europeo que se valoraran as actuacións dos governos galego e español ante a crise do Prestige.



De elo, xa fai case dous anos.Tras a longa espera, hoxe (día 8 de novembro) a petición ven de ser admitida a trámite. A resposta certamente foi sorprendente. Dende Europa non se pode levar a cabo a investigación porque o estado español non ratificou unha normativa do ano 98 que afecta a ditas dilixencias. Ademais, outra normativa na mesma liña non se implanta ata o 2005.



E por iso que o MPDC denuncia a impunidade da que goza o governo español. Ademais, ven de reclamar que dita normativa se ratifique, co obxecto de que os estados galego e español poidan ser investigados. Porque unha normativa non pode impedir establecer a culpabilidade ou a inocencia dun estado ante uns feitos tan graves.



Por: Serxio


0 comentarios:

Publicar un comentario