Ola lector ,  benvido  |  entra  |  rexístrate agora  |  Axuda?

O MpDC critica a sentencia dictada contra varios sindicalistas

Written By Virgulino on 8/11/04 | 11:31

O Movemento polos Dereitos Civís critica á sentenza ditada pola Audiencia Provincial de Lugo que ratifica a condena dos tres sindicalistas de Lugo que participaban nun piquete na pasada folga xeral do 20 de xuño



En Compostela a Fiscalía pide para un sindicalista máis dun ano de prisión por realizar unha pintada durante o conflito laboral e a folga de CESPA



Por desgracia, continuamos a ter que amosar publicamente o noso rexeitamento as sentenzas e as peticións de condena que desde o Poder Xudicial se veñen realizando nos últimos tempos no noso país.



En primeiro lugar, onte recibiamos a noticia de que a condena aos tres sindicalistas de Lugo a máis de 14 anos de prisión era ratificada, e estamos a falar de tres sindicalista que na tensión da pasada folga xeral estaban a realizar un piquete. Este tipo de chamadas de atención pola vía penal o único que tenta facer é amedrentar aos traballadores e ensinarlle deste xeito o caro que lle pode saír a calquera erguer a súa voz nos tempos que vivimos.



En segundo lugar, un sindicalista da CIG de Santiago de Compostela foi procesado por realizar unha pintada nun conflito laboral e posterior folga que tivo lugar na empresa CESPA. Neste momento, a Fiscalía solicita do acusado máis dun ano de prisión. É isto normal? Podemos continuar a aturar esta situación de desamparo ante un poder xudicial que castiga a aqueles que defenden os dereitos dos traballadores e traballadores, que erguen a súa voz contra as inxustizas?



Desde o Movemento polos Dereitos Civís criticamos con dureza a situación que se está a vivir no noso país, no que se aplican diferentes criterios á hora de ditar sentenzas, o que fai sospeitar da imparcialidade e dos criterios dos xuíces, motivo polo que o MpDC xa reclamou en numerosas ocasións a intervención do Consello Xeral do Poder Xudicial. Foi tamén por esta situación, pola que comezamos unha campaña de recollidas de sinaturas nos centros de ensino, na universidade e en todas as cidades de Galiza, e agora tamén esta campaña ampliouse e realizamos tamén unha recollida de sinaturas on-line a través de internet na dirección http://perso.wanadoo.es/mpdc_gz/formulario.htm.



Por: Zelia


0 comentarios:

Publicar un comentario