Ola lector ,  benvido  |  entra  |  rexístrate agora  |  Axuda?

O “Defensor del Pueblo” ten dous expedientes sobre o Concello de Santiago de Compostela paralizados.

Written By Virgulino on 23/11/04 | 13:08

Un expediente, sobre actuacións policiais en Compostela, ten máis dun ano e outro, sobre as Cámaras de vídeo-vixilancia, ten máis de dous; a isto hai que engadirlle que xa fai máis de tres meses que non hai outra noticia sobre a situación dos expedientes que as comunicacións telefónicas de que se está redactando as correspondentes contestacións.



O "Defensor del Pueblo" está a tardar dunha forma extraordinaria as contestacións relacionadas con expedientes relacionados con Santiago de Compostela. Desde fai dous anos e dous meses ten no seu poder unha Queixa relacionada cá instalación das vídeo-cámaras en Compostela. Este expediente, que conta con abundante documentación, encontrase nunha situación de parálise total xa que fai máis de cinco meses que o MpDC non recibe ningunha notificación escrita sobre a súa situación. Durante este período o Movemento interesouse en distintas ocasións pola súa situación recibindo como contestación, desde mediados de Outubro, que o "Defensor del Pueblo" está redactando a contestación.



Do outro expediente, cuxa queixa foi presentada en Novembro do 2003, sabemos que a o "Defensor del Pueblo" dirixiuse ao Concello de Santiago de Compostela en catro ocasións distintas, á ultima fai xa tres meses, e, a día de hoxe, informáronnos que esta Institución está preparando unha resposta ao MpDC.



A esta excesiva demora nos expediente relacionados con este Concello, debemos engadir o feito de que é costume por parte da Alcaldía non responder as Peticións e escritos presentados perante esta Administración. Destes escritos e peticións o "Defensor del Pueblo" xa suma un número importante remitidos polo MpDC sen que, por parte desta Institución, se cursara recomendación algunha para que o Concello responda debidamente aos requirimentos formulados pola cidadanía, tal e como o MpDC esixiu en repetidas ocasión.



O MpDC non acaba de entender a demora do Defensor del Pueblo en dar respostas aos problemas relacionados con este Concello, lembramos que a crise do Prestige, da enorme dimensión que foi, tivo unha contestación transcucrrido un ano. Resulta máis complicado averiguar a legalidade das cámaras de video-vixilancia e a actuación da Policía Local que a actuación das administracións de Galiza e do Estado na crise do Prestige?



Renato Núñez