Ola lector ,  benvido  |  entra  |  rexístrate agora  |  Axuda?

O CXPX negase a facer un informe sobre as sentencias desproporcionadas dictadas en Galiza.

Written By Virgulino on 9/11/04 | 13:01

Esta institución, nun informe interno, alegou que "lle corresponde á Comisión de Estudos e Informes... a realización daqueles estudos xurídicos que se encarguen polos órganos competentes, polo que se considera que non procede impulsar a análise a que se refire o MpDC”.



O pasado día 19 de febreiro, o MpDC solicitoulle ao CXPX que fixese unha análise sobre as distintas sentenzas ditadas en Galiza que tivesen a súa orixe na conflitividade social, xa que entendiamos que se estaban dando sentenzas moi negativas e que buscaban o escarmento dos participantes en folgas, manifestacións e actos de protesta social.



O día 20 de febreiro, o CXPX rexeitouno e o 24 de febreiro o MpDC fundamentou a súa petición en anteriores informes realizados: sinistralidade laboral, loita contra a inseguridade cidadá e a violencia de xénero e, finalmente, a petición foi aceptada para o seu estudo.



O día 12 de marzo, o Servizo de Estudos e Informes ditou un escrito que non se chegou a enviar ao MpDC, contradi a outro que si foi enviado, e que di textualmente "...de conformidade co art. 81 do ROF correspóndelle á Comisión de Estudos e Informes a emisión do ditame a que se refire o art. 108 da LOPX, e a realización daqueles estudos xurídicos que se encarguen polos órganos competentes, polo que se considera que non procede impulsar a análise a que se refire o escrito D. José Renato Núñez da Silva".



O día 3 de abril, o MpDC remitiu un fax ao CXPX informando sobre máis actuacións dos xulgados que considerabamos que no eran imparciais.



O 2 de xuño, e dada a falta de contestación, formulamos unha queixa ao Defensor del Pueblo e recibimos a seguinte resposta do CXPX: "informámolo de que o Servizo de Estudos e Informes do CXPX valorou que non é da súa competencia elaborar o estudo solicitado".



Dando por evidente a contradicción das dúas contestacións facilitadas polo CXPX (a externa, falta de competencia, e a interna, a necesidade de que o informe sexa reclamado por un órgano competente), o MpDC pregúntase cal é o motivo polo que esta institución faga caso omiso das súas propias normas, alegadas a esta organización para non realizar un informe, e se empeña, en contra de todo órgano competente, en realizar informes sobre as recente leis que serán aprobadas polo Goberno Central.



O MpDC considera que hai unha evidente vulneración dos dereitos desta organización en canto o CXPX realiza informes segundo os interese dos seus membros e non segundo os intereses da cidadanía, motivo polo que consideramos que non está fundamentada a negativa a realizar o informe sobre as sentenzas ditadas en Galiza e considera a resposta remitida a última solicitude do MpDC, que se adxunta, unha burla aos afectados en canto non ten nada que ver cós asuntos que se lle plantexa, que son os resumeidos nesta nota de prensa.



Por: Renato


0 comentarios:

Publicar un comentario