Ola lector ,  benvido  |  entra  |  rexístrate agora  |  Axuda?

A Fiscalía Xeral do Estado desoe as preguntas do MPDC sobre Fungairiño

Written By Virgulino on 2/11/04 | 13:57

O MPDC require que a Fiscalía aclare as responsabilidades de Fungairiño na Comisión do 11-M.



O Movemento polos Dereitos Civís, na súa defensa dos dereitos e liberdades fundamentais, ven de denunciar reiteradamente a actuación do Fiscal Xefe da Audiencia Nacional, Eduardo Fungairiño. Os motivos non son outros que a súa neglixente actuación na Comisión do 11-M do Congreso dos Deputados.



En xullo do 2004, e a través de diversos escritos, o MPDC solicita á Fiscalía Xeral do Estado que aclare as responsabilidades do Fiscal Xefe nas súas declaracións sobre o seu descoñecemento da existencia da furgoneta de Alcalá, implicada nos atentados de Madrid. Unha primeira resposta dada pola Fiscalía ó MPDC, recoñece que Fungairiño mentiu nas súas declaracións. Sen embargo, o Fiscal non é sancionado.



O MPDC pide entón novas aclaracións sobre o asunto pero non atopa resposta algunha por parte da Fiscalía. É por isto que os responsables do Movemento denuncian a falta de interese por parte do organismo público en aclarar o caso Fungairiño e aplicar as sancións oportunas.



Ademais, o MPDC tamén critica a falta de seriedade da Fiscalía ó prometerlle ésta ós Deputados unha investigación en profundidade, cando non se está levando a cabo. Neste senso, os partidos políticos presentes no Congreso e que tamén se interesaron polo tema, non recibiron tampouco resposta algunha da súa denuncia formulada ante a Fiscalía en relación coas declaracións feitas por Fungairiño.



Por: Serxio


0 comentarios:

Publicar un comentario