Ola lector ,  benvido  |  entra  |  rexístrate agora  |  Axuda?

O MpDC recolle sinaturas para que CXPX faga un informe sobre sentencias dictadas na Galiza

Written By Virgulino on 5/10/04 | 11:45

Comeza a recollida de sinaturas do Movemento polos Dereitos Civís para que o Consello Xeral do Poder Xudicial realice un informe sobre as sentenzas xudiciais dictadas cando hai conflitos sociais



En Compostela, co comezo do curso universitario, recolléronse numerosas sinaturas e informouse a cidadania das propostas e actividades do Mpdc



O Movemento polos Dereitos Civís comezou esta semana unha campaña de recollida de sinaturas para poñer de manifesto a necesidade de que o Consello Xeral do Poder Xudicial faga un informe sobre as sentenzas dictadas cando hai conflitos sociais, nas que as persoas involucradas son condenadas a penas desproporcionadas e se encontran nunha situación de indefensión pola presunción de veracidade das testemuñas dos corpos das forzas de seguridade do Estado, e falla de neutralidade de xuices e fiscais.



Moitos son os exemplos que deste tipo de sentenzas tivemos nos últimos tempos no noso país: 7 anos de cárcere para os tres viciños de Eixo, 15 anos de cadea para os tres sindicalistas de Lugo, mozos de Compostela que pasan fins de semana na cadea por facer murais, 1 ano de prisión para Bernardo Valdês Paços de Nunca Máis Lugo e o recente xuizo contra as persoas da Plataforma en Defensa da Ría de Arousa que participaron dun peche no concello de Vilagarcía.



Coa intención de apresentar ante o Consello Xeral do Poder Xudicial o maior número posíbel de sinaturas, esta semana na cidade de Santiago de Compostela comezou unha campaña de recollida de sinaturas, coincidindo co inicio do curso universitario, para facer chegar a proposta do Movemento polos Dereitos Civís ao maior número posíbel de cidadáns e cidadás.



Neste momento tamén estase a recoller sinaturas en Ourense, Pontevedra, Vigo, A Estrada, Lugo, Ferrol, A Coruña, Oleiros, Ribadavia, Vilagarcia, Bentanzos, As Pontes, Ribeira, Fene e Burela.



Queremso lembrar que iniciamos a recollida de sinaturas porque o CXPX, cando o MpDC lle solicitou que realizara o informe, primeiro se declarou incompetente e logo, contradecindose, por medio dun comunicado interno, comunicou que non realiza o informe por non ser unha iniciativa desta Institución. Feito que puxemos en coñecemento dos Grupos Parlamentarios do Estado.



Por: Zelia


0 comentarios:

Publicar un comentario