Ola lector ,  benvido  |  entra  |  rexístrate agora  |  Axuda?

AS CÁMARAS DE VIDEO-VIXILANCIA DE COMPOSTELA NON GRAVAN

Written By Virgulino on 13/10/04 | 11:12

Esto é o que consta na información facilitada á Delegación do Goberno e ao Congreso motivo polos que o MpDC pregunta cal é o seu obxectivo xa que non evita delicto algún ,como os furtos nas loxas da zona vella de Compostela ou os pinchazos das rodas dos coches, pero si vulnera o artigo 18.1 da Constitución e as normas que as regulan.



O día 24 de Setembro do 2004 fixo dous anos que o MpDC presentou unha queixa ao "Defensor del Pueblo" polas cámaras de video-vixilancia instaladas na zonza vella de Compostela . Neste período nin a Delegación do Goberno, nin o Concello de Santiago de Compostela facilitou os mencionados permisos aínda cando Enrique Múgica o requiriu en repetidas ocasión (a última fai catro meses e segue sen resposta).



Durante todo este tempo o Concello de Santiago de Compostela caeu en contradiccións como o feito de afirmar por escrito; primeiro a dous cidadáns, que as cámaras gravaban e, posteriormente, á Delegación do Goberno e á Congreso dos Deputados que non gravaban.



Parece ser que a realidade é que as Cámaras de Santiago de Compostela non gravan, o que sería unha vulneración da propia Lei que as regula. Pero si non grava tamén é certo de que non sirve de nada e así o podemos comprobar polas recentes denuncias de veciños da zona.



O pasado mes de setembro os comerciantes da zona vella de Compostela denunciaron que desde Xullo véñense producindo furtos nos comercios sen que se solucionara o problema. Onte mesmo denunciouse que fai días que se producen pinchazos de rodas nos coches da zona vella sen que as cámaras sirvan para evitalos.



Por todo esto o MpDC pediu novamente ao "Defensor del Pueblo" que nos facilite os permisos requiridos, lembrando que desde a última vez que esta Institución llo requiriu á Delegación do Goberno xa pasaron catro meses, e preguntou si o "Defensor del Pueblo" pensa tomara algunha medida sobre a demora en recibir a información requirida ás distintas institucións involucradas que ocasiona que o expediente xa teña unha duración de dous anos.





Por: Renato


0 comentarios:

Publicar un comentario