Ola lector ,  benvido  |  entra  |  rexístrate agora  |  Axuda?

O MpDC solidarízase coas 10 persoa da PDRA e reclama os sobreseimento do Xuizo

Written By Virgulino on 27/9/04 | 13:25

O Movemento polos Dereitos Civís solidarízase coas 10 persoas da Plataforma en Defensa da Ría de Arousa e reclama o sobreseimento do xuizo por participar dun peche no concello de Vilagarcía para protestar polos depósitos de hidrocarburos na ría de Arousa .



O MpDC considera este xuizo como un novo ataque ás liberdades e dereitos dos cidadáns e cidadás, e anima á cidadania e aos colectivos sindicais, políticos e sociais que manifesten publicamente o seu apoio a estas dez persoas e a acudan ao xuizo que se celebrará ás 09.30 do 30 de setembro no xulgado do penal nº 1 de pontevedra.



A Plataforma en Defensa da Ría de Arousa (PDRA), realizou un peche no Concello de Vilagarcía o 14-01-2000 para protestar polo outorgamento da licencia de actividade aos depósitos de hidrocarburos de Ferrazo, sen a perceptiva avaliación de impacto ambiental -aínda está pendente de resolución o contencioso no TSXG-. Houbo peches nos concellos de toda a ría que se desenvolveron sen ningún tipo de incidentes, agás no de Vilagarcia onde as persoas ali presentes son desaloxadas con violencia. Posteriormente a Xunta de Governo Local realiza unha denuncia e se persoa como acusación particular nun xuizo penal por DESOBEDIENCIA e RESISTENCIA PASIVA. Os acusados son dez persoas "ben escollidas" de entre as aproximadamente 50 persoas encerradas. Curiosamente das dez persoas, dúas, Xaquin Rubido, membro da Comisión Xestora da Plataforma cidadá Nunca Máis e Alberto de Coo, biólogo do CIMA- estaban fóra da casa consistorial. Entre os acusados están Ramón Mariño, profesor de Antropoloxía da USC, Joaquin Riveiro, xerente -daquela- do Consello Regulador do Mexillón de Galicia, Josefino Gondar, presidente -daquela- de OPMEGA, etc.



A Xunta de Governo Local acordou retirar a acusación particular o pasado 13 de setembro, mais aínda non a

fixo efectiva.



Apoiamos as reivindicacións que desde a PDRA realizan, polo que manifestamos que os concellos foron sempre valorados como a institución máis próxima aos cidadáns, e as súas sedes consideradas como espacios públicos onde manifestar a súa voz colectiva; que é un retroceso democrático no exercicio das libertades expulsar pola forza aos veciños pacíficamente concentrados no interior dun Concello; que é o diálogo cos veciños a vía para a resolución dos conflitos sociais e nunca a forza e o abuso de poder, que consideramos inxusta a persecución xudicial dos representantes da P.D.R.A. pechados en defensa do interese colectivo; que nos solidarizamos coa PDRA e esiximos o sobreseimento do seu caso no Xulgado do Penal Nº 1 de Pontevedra; que tras o accidente do Prestige vemos ainda máis razoable e xusta a reivindicación de traslado dos depósitos de hidrocarburos da ría de Arousa.



Por: Zelia


0 comentarios:

Publicar un comentario