Ola lector ,  benvido  |  entra  |  rexístrate agora  |  Axuda?

A Asociación Europea de Telespectadores (EAVI- European Association ) contacta có MpDC

Written By Virgulino on 13/9/04 | 13:30

A Asociación Europea de Telespectadores (EAVI- European Association Viewers Interests) contacta có Movemento polos Dereitos Civís para coñecer máis de cerca as queixas apresentadas por este colectivo no ámbito europeo.



A Asociación Europea de Telespectadores (EAVI- European Association Viewers Interests) contactou co Movemento polos Dereitos Civís (MpDC) para obter máis información sobre as peticións apresentadas por este colectivo ante o Parlamento Europeo, en particular, sobre a información relativa ao naufraxio do petroleiro Prestige e á información despois do 11 de marzo.



A asociación europea EAVI está a realizar unha búsqueda en 28 países europeos para localizar e analizar os instrumentos a disposición dos cidadáns para expresar o seu ponto de vista e incidir nas institucións.

Con este obxectivo contactaron co colectivo galego en defensa dos dereitos da cidadania MpDC, unha nova mostra da repercusión internacional e da importancia de facer escoitar as nosas queixas e as nosas demandas ante as distintas institucións responsabeis.



Por: Zelia

0 comentarios:

Publicar un comentario