Ola lector ,  benvido  |  entra  |  rexístrate agora  |  Axuda?

Xoves de Baiona denuncian actuacións policiais intimidatorias

Written By Virgulino on 3/8/04 | 12:48

Un grupo de mozos e mozas de Baiona está a facer públicas as súas queixas respecto do comportamento policial na súa localidade. Deste xeito, o Movemento Polos Dereitos Civís, recolle os comentarios e relatos daqueles para apoiar a súa saída á luz pública.



En xeral, os xoves queixanse do continuo acoso que reciben tódolos veráns por parte da policía da localidade. Non só en diversas redadas, senón tamén en continuos rexistros e cacheos, tanto na vía pública coma en locales e pubs.



Quizais un dos casos máis indignantes é aquél que nos relata un dos mozos. Nunha conversa cos axentes, negoúselle a liberdade e o dereito a falar en galego “alegando que eles (os policías) son a autoridade e que é unha falta de respeto cara a eles ó respostar en galego cando eles preguntan en castelán”.



Tamén denuncian en diversos casos de redadas e rexistros, abusos de autoridade, incluso con intimidación. Os xoves vense impotentes ante tales actuacións e por iso solicitan o apoio de institucións e grupos que garantan e informen dos seus dereitos.



Destes abusos, que conlevan a persecución e marxinalización continua de determinados grupos, molestos para a comunidade, responsabilizan non só á Policía e á Garda Civil senón tamén á Delegación do Goberno.



Por: Serxio

0 comentarios:

Publicar un comentario