Ola lector ,  benvido  |  entra  |  rexístrate agora  |  Axuda?

O despliegue policial mostrouse inutil para evitar a colocacións dos artefactos

Written By Virgulino on 28/8/04 | 14:26

O MpDC viña denunciado que o excesivo despliegue policial non tiña utilidade practica.



O Movemento polos Dereitos Civís viña denunciando durante os últimos meses o excesivo desplegue policial existente en Galiza, e sobre todo na capital galega, limitando os dereitos civís da cidadanía e sen que, como se demostrou, tivera efectivadade algunha á hora de previr feitos como os acontecidos hoxe.



Durante os últimos meses os cidadáns de Compostela foron victimas de constantes cacheos e identificacións, incluso por policías armandados; cortes de tráfico para rexistrar vehículos, mesmo no centro da cidade de compsotela por máis de 10 minutos; e desplegues policiais, como o do 25 de Xullo, que provocou unha iniciativa parlamentaria pola desproporción das actuacións que deron lugar a situacións tensas e de medo.



Non nos podemos esquecer dos turistas retidos en Vigo como sospeitos de terrorismo e dos xovens de baiona que criticaban a coacción policial a que son sometidos e o feito de que os Gardas Civís lles obriguen a falar en Castelán.



O feito de que Santiago de Compostela estivera tomada desde faz meses por grilleiras que semellaban vixiar unha cidadade en estado de sitio non evitou a coloación da bomba de hoxe, bomba que só foi descoberta a raíz do aviso das mesmas persoas que a colocou.



Volvemos a recordar que estes despliegues policiais non serven para salvagardar a cidadanía como esta sendo evidentes; provocan tensión e medo, pero sobre todo limitan os dereitos civís dos cidadáns.

0 comentarios:

Publicar un comentario