Ola lector ,  benvido  |  entra  |  rexístrate agora  |  Axuda?

A Fiscalía Xeral do Estado recoñece que o Sr. Fungairiño non dixo a verdade na sua comparecencia na comisión do 11-M

Written By Virgulino on 11/8/04 | 12:32

Ante a denuncia do MpDC polas declaracións de Fungairiño na devandita comisión a resposta do fiscal xeral do Estado pon de manifesto que “o Sr. Fungairiño non estaba a dicir a verdade sobre a data de coñecemento da existencia de furgoneta”.



O Movemento polos Dereitos Civís, consciente da necesidade de que a cidadania coñeza toda a verdade sobre o acontecido nos atentados do 11-M e en base ao Dereito a Recibir unha información, apresentou unha denuncia ante o fiscal xeral do Estado polas declaracións do Sr. Fungairiño na comisión da 11-M onde o Fiscal Xefe da Audiencia Nacional sinalaba que descoñecia datos fundamentais da investigación do 11-M ou mesmo sinalaba que nin tan sequera seguira as noticias nos medios de comunicación.



Ante esta queixa apresentada polo MpDC, a Fiscalía Xeral do Estado sinala que “é obvio que non estaba a dicir a verdade” pero mesmo así decide arquivar esta queixa xa que fala de que o Sr. Fungairiño utilizou “ironía” na súa declaración.



Esta actuación da Fiscalía resulta especialmente grave si temos en conta que recentemente manifestou a varios grupos parlamentarios que actúaría "con especial intensidade" sobre este asunto. Estas manifestacións foron realizadas varios días despois de que se remitira o Decreto da Fiscalía ao MpDC onde xa se chegara a conclusión de que os feitos non eran graves e soamente merecían un reproche.



Desde o MpDC denunciamos que non se tomen medidas ou se investiguen as desvergonzadas declaracións do Sr. Fungairiño, xa que a cidadania ten dereito a coñecer toda a verdade sobre o acontecido no 11-M, e que os representantes gobernamentais asuman as súas responsabilidades pola desinformación e manipulación que vivimos nos días posteriores aos atentados de Madrid.



Tamén aconsellamos que se actúe contra o Sr. Fungairiño en base a igualdade frente a Lei, motivo polo que os seus actos deben ser sancionados como o de calquera outro cidadán deste Estado; esto quere decir que mentir frente a unha comisión de investigación é delito tamén para él.


Por: Zelia

0 comentarios:

Publicar un comentario