Ola lector ,  benvido  |  entra  |  rexístrate agora  |  Axuda?

A polémica sobre as cámaras de videovixiancia chega ó Congreso dos Deputados

Written By Virgulino on 20/7/04 | 11:13

As videocámaras, instaladas por todo o casco histórico compostelán, atentan contra os dereitos e liberdades fundamentais.  

Os reclamos e denuncias de diferentes persoas e asociacións chega ó fin ó Congreso dos Deputados. As cámaras de videovixiancia inundan todo o casco histórico de Santiago.. O artigo 6 da Lei Orgánica 4/97 establece que “a utilización de videocámaras estará presidida polo principio de proporcionalidade, na súa doble versión de idoneidade e de intervención mínima”. Amparada a súa instalación na lei de seguridade cidadá, en realidade exceden aquela pola súa presencia desproporcionada.



É por este motivo que dende hai xa máis dun ano diversos colectivos e grupos cidadáns, entre eles o Movemento polos Dereitos Civís, veñen denunciando esta presencia abusiva de videocámaras ante diferentes organismos competentes. Deste xeito, as queixas chegaron primeiro ó Defensor del Pueblo, e agora ó proprio Congreso dos Deputados.



Entre as cuestións verquidas no Congreso, esixese ó Concello de Santiago que explique o porqué da utilización abusiva deste tipo de vixiancia, que atenta contra a liberdade e o honor das persoas. Ademais, denúnciase a indefensión cidadá ante tales medidas, xa que ademais non se respecta o dereito das persoas a poder ver as súas imaxes gravadas.



Finalmente, requírese saber cantas das imaxes gravadas responderon á finalidade que teñen estas videocámaras, a prevención de “delitos o infraccións graves en materia de seguridade cidadá”

 

Por: Serxio

0 comentarios:

Publicar un comentario