Ola lector ,  benvido  |  entra  |  rexístrate agora  |  Axuda?

O MpDC reclama a “Defensor del Pueblo” que reconsidere a súa decisión de non investigar a censura informativa no 11-M

Written By Virgulino on 8/7/04 | 11:40

O Defensor del Pueblo declinou investigar en favor da Comisión de Investigación do Congreso.



O MpDC volve a solicitar ao Defensor del Pueblo que investigue a censura informativa acontecida entre o 11 e 14 de Marzo ao entender que a Comisión de Investigación do Congreso non está a valorar si se vulneraron dereitos fundamentais.



María Luisa Cava de Llano y Carrió, Adxunta Primeira do “Defensor del Pueblo”, comunicou, en maio, que consideraba que a Comisión de Investigación do Congreso era “o marco adecuado para a investigación de referencia”, pero a realidade é que, lonxe de buscar o esclarecemento de si se transmitiu información falsa a cidadanía, a Comisión esta a facer un xogo político no que os dous partidos maioritarios intentan xustificar as súas actuacións durante estes días sen entrar no importante do acontecido: o intento de manipulación da cidadanía polos poderes públicos.



Por todo esto o MpDC entende que é necesaria unha investigación imparcial, sen intereses políticos e que busca esclarecer si se intentou manipular os cidadáns deste Estado. Para que esta iniciativa non quede sen saída o MpDC ven de remitila, tamén, a Comisión de Petición do Parlamento Europeo para que, tal e como xa aconteceu na anterior petición que formulamos sobre o Prestige, se lle requira a Comisión Europea que se pronucie sobre si o Estado Español vulnera o dereito a recibir unha información veraz.

0 comentarios:

Publicar un comentario