Ola lector ,  benvido  |  entra  |  rexístrate agora  |  Axuda?

O MpDC denuncia a desproporcionada actuación da Policía durante o fin de semana.

Written By Virgulino on 26/7/04 | 13:40

Constantes intimidación e coacción foron denunciadas durante os dous días.



O MpDC volve mostrar a súa repulsa á suspensión dos dereitos fundamentais da cidadanía que, a cotío, vense dando na cidade de Santiago de Compostela. Desta vez, e con ocasión das festas do 25 de Xullo, sumouse un número importante de membros dos Corpos e Forzas do Estado aos que xa estaban desempeñando as súas funcións na cidade. A súa actuación resultou desproporcionada e máis que tranquilizar a cidadanía produciu situacións de tensión e medo.



Os membros dos Corpos e Forzas do Estado vixiaron as rúas de Compostela en grupos de catro e cinco motos, cada unha con dous Policías Nacionais, un conducindo e o outro empuñando unha arma que era visible en todo momento polos veciños e turistas. A situación chegou a ser realmente violenta cando, ao rematar os fogos, miles de persoas dirixíanse andando cara o ensanche mentres estes grupos de moteros da policía abríanse paso entre eles empuñando as súas armas.



Varios turistas comentaron que o despliegue de furgonetas da Policía Nacional por toda a cidade, os efectos a pé e os moteros daban a sensación de que estaban nunha cidade asediada e que en todo o momento parecía que estaba acontecendo, ou ía acontecer, algún acto violento: un atentado ou un altercado.



Tamén foi denunciado agresión e ameazas a xoves que repartían, durante a tarde do día 24, panfletos dos distintos concertos que se daban en Santiago de Compostela durante esta noite. Estes mozos e mozas, cuxo único delicto foi divulgar as actividades culturais que organizaron e que estaban permitidas, foron intimidados por Policía Nacionais, logo rodeados e por fin expulsados da rúa a golpes de "defensas regulamentarias".

Foron importantes os peches das rúas de Santiago, incluso a longas distancias de lugares onde existía a presencia de convidados "ilustres", como o peche de Xoán XXIII, obrigando a veciños e turistas tiveran que desviar o seu recorrido polo Campus.



Volvemos a recordar que estes despliegues policiais non serven para salvagardar a cidadanía de ningunha actuación violenta; provocan tensión e medo, pero sobre todo limitan os dereitos dos veciños e veciñas desta cidade.



Tamén queremos denunciar o feito de que non se pode denunciar a ninguén por estes feitos, xa que mentres un Policía Nacional esta golpeando a un xoven que está repartindo publicidade, este xoven non pode identificar ao policía para denuncialo; e mesmo que se atrevera a pedir a identificación, a Policía Nacional negase de forma habitual a facilitala.



Por: Renato









0 comentarios:

Publicar un comentario